Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Os panteóns nos Batáns da Maía custarán entre 2.635 e 5.591 €

m.m.o.

Ames. O Concello de Ames publicou o prego de condicións que rexerán a adxudicación de concesións de nichos, tumbas, panteóns e columbarios do cemiterio municipal de Ames, no lugar de Os Batáns. Así, e durante trinta días, calquera persoa poderá presentar reclamacións ou suxestións a este prego. En canto aos prezos, a concesión por periodos renovabeis de 25 anos terá un custe de 823,21 euros por nicho solto ou tumba, mentras que os panteóns oscilarán entre os 2.635 euros e os 3.106, segundo teñan tres (máis columbario) ou catro sepulturas. En canto á concesión por 75 anos, o nicho ou tumba solta custará 1.481 euros, mentras que os panteóns moveranse entre 4.774 e 5.591 euros. Os columbarios oscilan entre os 306 e 550 euros.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

Tracking Pixel Contents