Falece Carlos García Martínez, director do Museo do Pobo Galego
A capela ardente quedará instalada o domingo en San Domingos de Bonaval, na sede da institución que representaba desde 1999

Efe / REDACCIÓN. SANTIAGO
REDACCIÓN. SANTIAGO
Fondo pesar na cultura galega pola morte do compostelán Carlos García Martínez, que faleceu este sábado en Santiago.Nado na capital galega en 1945, o historiador e dinamizador cultural fíxose cargo da dirección do Museo do Pobo Galego trala morte de Antón Fraguas en 1999. Nesta entidade xa fora previamente mentor e fundador, asumindo despois labores de secretario e de subdirector. Segundo informa Efe, a capela ardente quedará instalada o domingo a partir das 16 horas no Museo do Pobo Galego. O enterro terá lugar o luns (17 h.) na parroquia de Figueiras.
Entre outras institucións, tamén foi membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, académico correspondente da Real Academia Galega e integrante da comisión xestora do novo Seminario de Estudos Galegos. En 2008 recibiu o galardón de Galego de Decembro que outorga o Grupo Correo Gallego.
- La pastelería con los cruasanes más famosos de Santiago: 'Los estudiantes vienen a buscarlos a las 4 de la mañana
- Conxo finalmente tendrá fiesta el próximo fin de semana: 'Hemos pasado mucho trabajo como para tener que cancelarla
- Así es la tapa de oreja más popular de Santiago: 'Hacemos hasta 120 kilos a la semana
- El furancho que conquistó a la princesa Leonor a 50 minutos de Santiago: 'Tiene una de las mejores empanadas
- El Obradoiro conquista Coruña y parte del ascenso directo
- Casi 55.000 jóvenes y jubilados compostelanos viajan gratis en bus metropolitano: un 16% más
- Este pueblo a media hora de Santiago busca vecinos: con trabajo y alquileres desde 400 euros
- El Cristo de la Paciencia regresa a Conxo y pone el broche final a la Semana Santa compostelana