Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Agadea 'camiñará' de novo na Estrada contra o Alzhéimer

Unha gran marea verde vai concienciar sobre a doencia o día 15 // Incluirá música e sorteo

ECG

ECG / M. OUTEIRO

M. OUTEIRO

A Estrada quece motores para a segunda Andaina Solidaria co Alzhéimer Camiños da Memoria, que acollerá esta vila pontevedresa o vindeiro día 15 para concienciar da man da Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer, Agadea.

O obxectivo desta andaina é "formar unha gran marea verde que servirá para visibilizar a enfermidade do alzhéimer e apoiar a quen a padece e ás persoas coidadoras", aporta a organización. Neste sentido, Agadea convida a toda a cidadanía a participar nesta actividade aberta a todas as idades e que partirá as 19.30 horas dende a Praza do Concello da Estrada.

Hai que destacar o éxito acadado pola primeira Andaina Solidaria levada a cabo o ano pasado, dirixida por Agadea a facer visible á poboación as necesidades das persoas con esta enfermidade, que afecta na actualidade a preto de 50.000 galegos. E coa idea de que poidan acudir persoas de todas as idades, a Andaina contará con dous tramos, un máis curto de 4 quilómetros e outro más longo de 8 quilómetros. A dificultade de ambos é baixa.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

Tracking Pixel Contents