Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Gravacións domésticas, protagonistas no MICE

Compostela acollerá a XIV Mostra de Cinema Etnográfico desde o luns e ata o domingo

ECG

Santiago. O Museo do Pobo Galego presentou onte a programación completa da súa XIV Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), que se desenvolverá en diferentes espazos de Santiago entre o 25 e o 31 de marzo. As gravacións domésticas, as fronteiras e a relación do son e a música coa etnografía son as tres liñas temáticas que vertebran a carteleira deste ano, no que as películas feitas por mulleres volverá ter un peso importante.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, subliñou o papel esencial que este tipo de eventos de difusión cinematográfica xogan no sistema audiovisual galego, ao tempo que explicou que nestes momentos se atopa en proceso de resolución a convocatoria autonómica de subvencións a festivais do sector. Lembrou, así mesmo, que en 2018 a MICE se sumou por vez primeira á listaxe de mostras adxudicatarias destas axudas anuais, xestionadas pola Consellería de Cultura e Turismo a través da Agadic.

Fixo estas declaracións na presentación desta décimo cuarta edición, na que participou xunto con Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural; Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña; Concha Losada, vicepresidenta do Museo do Pobo Galego, e Ana Estévez, directora da MICE.

Tracking Pixel Contents