Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Falcón e Lucía Santiago gañaron o premio Ferro Couselo de Valga

José María Bello, alcalde de Valga, á esquerda, nunha reunión telemática co xurado do premio. Foto: CV

José María Bello, alcalde de Valga, á esquerda, nunha reunión telemática co xurado do premio. Foto: CV / O.D. Vilar

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

O.D. Vilar

Ames. O Concello de Valga xa ten gañadores do seu XXI Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo, recaendo no cambadés Ramón Falcón Galiñanes e na valguesa Lucía Santiago Sanmiguel. Presentaron senllos traballos relacionados con dous elementos de gran importancia social, cultural e económica en Valga e na súa contorna: o río Ulla e a augardente, e foron recoñecidos con 4.000 e 3.000 €, respectivamente.

O gañador na primeira modalidade foi Ramón Falcón, veciño de Cambados, doutorado en Historia pola Universidade de Santiago e mestre de Secundaria no colexio Santa Lucía de Moraña. A investigación que presentou foi As ribeiras do Ulla no século XVIII. Os usos da auga, no que se analizan os distintos aproveitamentos da auga e o seu papel fundamental na mellora das condicións de vida no rural a través do desenvolvemento da agricultura, a industria ou o comercio.

No segundo apartado, dirixido a proxectos centrados en estudos históricos, etnográficos ou sobre persoeiros do municipio de Valga, a proposta elixida polo xurado foi A voltas co alambique, de Lucía Santiago (de Senín), cunha investigación etnográfica sobre a caña. o. d. vilar

Tracking Pixel Contents