Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Nivel máximo de restricións na Pobra, O Grove, Carballeda de Avia e Cualedro

En risco alto estarán os concellos de Marín, Meaño, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Padrenda, Cortegada, O Barco, Rubiá, Lobeira, Muiños, Petín, Meira, Ribeira, e Cambre

OURENSE, 20/04/2021.- Unha traballadora acompaña a unha residente no interior da Residencia San José, xestionada polas ‘Hermanitas de los Ancianos Desamparados’, este martes en Ourense. EFE/ Brais Lorenzo

OURENSE, 20/04/2021.- Unha traballadora acompaña a unha residente no interior da Residencia San José, xestionada polas ‘Hermanitas de los Ancianos Desamparados’, este martes en Ourense. EFE/ Brais Lorenzo

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos do Grove, A Pobra do Caramiñal, Carballeda de Valdeorras, e Cualedro. Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos concellos de Marín, Meaño, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Padrenda, Cortegada, O Barco, Rubiá, Lobeira, Muiños, Petín, Meira, Ribeira, e Cambre. Ademais, as medidas do nivel medio rexerán nos concellos de Trabada, Barreiros, Lobios, Cartelle, Cambados, Catoira, Vilagarcía de Arousa, A Illa, Meis, Sanxenxo, Cangas, Gondomar, Ponteareas, Vigo, Boiro, Rianxo, Carral, Muxía, As Pontes de García Rodríguez, e Ortigueira. No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 23 de abril.

Tracking Pixel Contents