Galicia iniciará a vindeira semana a tramitación da súa Lei do Clima
Con ela garántese a preservación dos recursos naturais // O xoves aprobarase a declaración ante a emerxencia climática na comunidade

no pleno do parlamento. Arriba, a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez Mejuto que compareceu onte a petición propia para falar sobre asuntos relacionados co cambio climático. Abaixo, á esquerda, Luis Bará, portavoz de Medio Ambiente do BNG e á dereita, o deputado Pablo Arangüena. Ambos tildaron de propaganda as medidas anunciadas pola conselleira nesta materia. Fotos: Gallego / Lorena Rey
Lorena Rey
A Xunta seguirá dando pasos no 2022 e seguintes anos na loita contra o cambio climático o que confirma que Galicia está aliñada coa folla de ruta marcada por Bruxelas. A vindeira semana, o Executivo iniciará a tramitación da primeira Lei do clima de Galicia, co inicio da consulta pública previa.
Así o comunicou este martes no Parlamento a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez nunha comparecencia na detallou polo miúdo o traballo realizado polo Goberno galego para responder ao cambio climático e defender o medio. “Buscamos protexer e conservar o que define a nosa Galicia, a capital verde, a capital sostible”, mencionou a conselleira, xusto despois de tres meses da Cumbre de Glasgow.
A Xunta traballará no marco das súas competencias co resto das partes para alcanzar unha redución de gases de efecto invernadoiro do 55 % no 2030; a adaptación á resilencia ao clima; a promoción e integración de fontes renovables; a redución de emisións na industria; creación de emprego verde e investigación e divulgación pública sobre o cambio climático, entre outras medidas.
A conselleira indicou ademais que Galicia asina compromisos “porque sabemos que podemos facelo”.
A comunidade ten experiencia e destreza na loita do cambio climático e, segundo Vázquez Mejuto, Galicia é pioneira en diversas iniciativas, algo que se xustifica ao ser das primeiras rexións en comprometerse a acadar a neutralidade climática o antes posible.
Ademais, está a contribuír por enriba da media en materia de clima e de enerxía, sendo unha das tres comunidades con mellor dato. Reduciu as emisións un 23,8 % desde 1990, que son 32 puntos por enriba da media nacional. Tamén se atopa preto de alcanzar a cifra da Unión Europea, onde as emisións diminuíron un 28 %. Citou, tamén, que Galicia está nunha mellor posición que outros países como Francia, Bélxica e Italia e, xunto a Castela e León, está en primeira posición en produción de enerxía eléctrica con fontes renovables.
Entre outros avances, aprobouse a estratexia de economía circular 2030 e deuse apoio ao municipalismo para atallar o problema dende o ámbito local. Así, a Xunta asumiu o papel de coordinadora do Pacto das alcaldías polo clima e a enerxía, ao que hoxe xa están adheridos 278 concellos.
Entre otros puntos púxose en valor o impulso da aprobación da lei de residuos e solos contaminados, destacando o modelo Sogama, que é referente europeo e a nivel mundial. Nos últimos anos tamén se crearon plantas de compostaxe e procedeuse á redacción dos novos plans de residuos, urbanos e industriais nos que se está a traballar na actualidade.
Vázquez Mejuto puxo en valor a labor de Meteogalicia como referente climatolóxico e científico que dispón de 157 estacións de rexistro e de 1.004 sensores, o que permite ter cada dez minutos datos actualizados a disposición de calquera cidadán ou industria de xeito gratuíto. Para seguir avanzando mellorarase o modelo que redundará nunha maior calidade das previsións pasando de 3,4 kilómetros de resolución a só un kilómetro de resolución.
posta en marcha da Alianza galega polo clima, que implica axentes sociais e económicos. Este xoves no Consello da Xunta aprobarase a declaración ante a emerxencia climática na comunidade, coa que reiterar o compromiso do Goberno galego para frear os efectos deste fenómeno global.
Dende a Xunta redactarase un informe con medidas para abordar contra a emerxencia climática. Continuar con accións para reducir a emisións gases, implicándose no Pacto Verde Europeo, revisar a Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050, cuxo primeiro plan operativo contempla 171 medidas e un investimento de 1.280 millóns de euros entre 2019 e 2023 así como levar á Cámara galega a Lei do clima galega, tras a súa tramitación inmediata que supón o recoñecemento do clima como suxeito de dereitos son algunhas das medidas.
Na loita contra o cambio climático impulsarase en 2022 a creación de Alianza Galega polo clima, unha rede de organizacións no impulso dunha economía circular verde. O propósito, como incidiu a conselleira, é ser a “capital verde” e protexer a saúde fronte riscos medioambientais. Estará aberta a ONGs ambientais que queiran aportar a súa experiencia e tamén terán cabida as organizacións científicas que aporten o coñecemento, así como as diferentes administracións.
“Coa Lei do Clima de Galicia e Alianza Galega implicamos a todos os galegos e galegas e grupos políticos. Conseguilo será lograr unha sociedade plenamente sostible, a única garantía de futuro, e o mellor legado que lle podemos deixar aos mozos e mozas deste país”, mencionou.
Bará e Arangüena tildaron á Xunta de propagandista ao non ter unha estratexia contra o cambio climático
Incidiron en que a redución de emisións nun “23,8 %” débese ao peche das térmicas
l. rey
Santiago
Bará e Arangüena, como portavoces de Medio Ambiente do BNG e do PSdeG mostraron onte no Parlamento as sús contrariedades ás medidas que pronunciou a conselleira de Medio Ambiente referentes a combatir o cambio climático.
O deputado do BNG, Luís Bará acusou á Xunta de ser “unha grande fábrica do cambio climático cunha política forestal, mineira e eólica ao servizo dos grandes poderes económicos” e avanzou que o BNG presentará, proximamente, unha proposta de lei para mudar o actual modelo eólico “depredador” do PP e protexer o territorio galego.
O deputado cualificou ao goberno galego de “Exterminator” e de dirixir unha consellería de “pouco ou nada de ambiente”. Para o deputado do BNG, a comparecencia de Vázquez foi unha comparecencia de “propaganda e autobombo” na que non quixo, dixo, explicar a “espantá e peche abrupto” da reunión do Consello galego de Medio Ambiente. A súa comparecencia, reiterou Bará, é “unha tomadura de pelo” ao parlamento e explicou que a titular de Medio Ambiente tiña que dar explicación do acontecido , e por iso dende o BNG pedimos que comparecera nesta sesión plenaria.
Na súa intervención, o parlamentario leu o texto das asociacións que participaron na reunión da que a conselleira “fuxiu” e que sufriron o “veto” ao debate e votación de dúas propostas. Un asunto, incluído na orde do día para votar os trámites dos proxectos eólicos e a necesidade dunha avaliación estratéxica do Plan sectorial eólico, coa aprobación de proxectos “fragmentados” e informar sobre propostas de sustentabilidade e o encaixe dun modelo enerxético neste eido.
Ademais, o nacionalista tildou de “propaganda verde” as conclusión da viaxe da conselleira a Glasgow, tres meses despois, e como mérito asistir a unha conferencia no público e unha foto ante un panel do foro. Vostedes, afirmou, “non loitan contra o cambio climático” porque a “Xunta é unha grande fábrica do cambio climático e da emerxencia ambiental” e mesmo presume da redución de emisións nun “23,8%” cando esta redución se debe ao peche das térmicas. Esta redución, recalcou, “nada ten que ver coas políticas da Xunta, está relacionada coa desertización industrial de Galiza”.
tamén criticaron a actuación da Xunta no tema eólico. Por outra banda, Arangüena cualificou onte aos membros do goberno galego de “negacionistas climáticos encubertos e propagandistas verdes” tras evidenciar que a Xunta non adoptou nos últimos anos “nin unha soa medida minimamente eficaz e significativa contra o cambio climático”.
A Ángeles Vázquez reprochoulle que viñese ao Pleno a falar sobre “algo que non existe”, xa que “falar de loita contra o cambio climático por parte da Xunta é un chiste, unha broma e unha burla á cidadanía”. Así, criticou que a conselleira so dixese “xeneralidades”, sen concretar “ningunha medida real, medible, concreta e significativa máis alá da propaganda”.
Ao mesmo tempo, tamén lle botou en cara que se atreva a “atribuírse o mérito” do descenso das emisións contaminantes cando “esa baixada é xusto a derivada do peche das centrais das Pontes e Meirama, algo ao que se opoñía o goberno galego”.
Nesta liña, Pablo Arangüena incidiu no paradoxo de que a Xunta “saque peito por isto, como se tivesen algún mérito nesa redución de emisións” cando, de feito, “segundo as súas propias declaracións públicas, se fose por vostedes esas centrais non terían pechado e, polo tanto, a día de hoxe non habería ningunha redución de emisións con respecto ao ano 1990”.
Arangüena tamén criticou a “espantada” da conselleira dunha reunión do Consello Galego de Medio Ambiente na que se ía falar da “chapuza permanente da Xunta” no tema eólico. Neste contexto, lembrou que en menos de ano e medio houbo tres sentenzas que anularon autorizacións de parques eólicos “meténdolle a vostedes enorme revolcóns”.
A reserva hídrica na demarcación Miño-Sil está ao 53,5 % e en Galicia-Costa ao 61,8 por cento
redacción
Santiago
A reserva hidráulica volve a baixar esta semana e sitúase no 44,6 por cento da súa capacidade total, segundo datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, que informa de que esta semana os encoros gardan 25.042 hectómetros cúbicos.
A semana pasada os encoros perderon 88 hectómetros cúbicos, o que representa o 0,2 por cento do total, dado que as precipitacións foron escasas na vertente Atlántica e moi escasas na vertente Mediterránea. A máxima precipitación, de 14,1 litros por metro cadrado, recolleuse en Bilbao.
Os datos actuais indican que os encoros gardan nestes momentos un 22,90 por cento menos auga que na mesma semana do ano pasado e un 26,61 por cento menos que a media do decenio.
Por ámbitos, a reserva hidráulica está ao 86,3 % da súa capacidade total en Cantábrico Oriental; ao 63,1 %, Cantábrico oriental; ao 53,5 %, Miño-Sil; ao 61,8 por cento en Galicia Costa; ao 95,2 por cento as concas internas do País Vasco; ao 74,2 por cento en Tinto, Odiel e Pedras. Ademais, o Júcar está ao 54,5 por cento; Ebro, ao 66 por cento e as concas internas de Cataluña están ao 56,4 por cento.
Con todo, están por baixo da metade da súa capacidade total a conca do Douro, que está ao 49,5 por cento; Tajo, ao 46 por cento; Guadiana, ao 30,5 por cento; Guadalete- Barbate, ao 29,8; Guadalquivir ao 28,5 por cento; a Conca Mediterránea Andaluza ao 30,6 por cento e Segura, ao 34,7 por cento.
Se reunirá el jueves la Oficina Técnica da Seca para coordinar el seguimiento tras la prealerta por sequía
convocatoria. Con el objetivo de hacer un seguimiento coordinado de los sistemas de abastecimiento de agua, tras declararse el estado de prealerta por sequía en la Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, el Gobierno gallego mueve ficha y convoca la Oficina Técnica de la Seca, que se reunirá este jueves.
Así lo indica el Ejecutivo autonómico mediante un comunicado en el que detalla que la Consellería de Infraestruturas e Movilidade, a través de Augas de Galicia, activó el pasado lunes el estado de prealerta por sequía en 12 de los 19 sistemas de abastecimiento de la cuenca de competencia autonómica con la intención de intensificar el seguimiento de la situación, “estando garantizado el abastecimiento de agua a la población”, subrayan. Los 7 sistemas restantes, correspondientes con el norte de la comunidad, matiza la nota, se mantienen en niveles de normalidad.
La activación de la prealerta por sequía en estos sistemas de abastecimientos es una medida preventiva de la Xunta que busca la anticipación ante un posible episodio futuro de escasez de agua, así como la toma de conciencia sobre la necesidad de hacer un consumo responsable. La Oficina Técnica da Seca, que se reunirá este jueves, está integrada por la dirección y los representantes de los servicios territoriales y de planificación de Augas de Galicia, así como los servicios de Protección Civil, Meteogalicia y de Medio Rural, dependientes, respectivamente, de la Vicepresidencia Primera; de la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; y de la Consellería do Medio Rural.
La situación de prealerta implica un seguimiento intensivo de la situación meteorológica y los niveles de ríos, embalses y acuíferos de la demarcación Galicia-Costa, así como de las posibles incidencias que se detecten. Además, se prevén medidas de concienciación de la ciudadanía. ecg
- Sirat', del gallego Óliver Laxe, suma un premio clave en su camino a los Premios Oscar 2026
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- Más de 50 personas se dan de alta al día como demandantes de vivienda protegida
- Muere Antón Louro, figura clave del PSdeG en la llegada de Touriño al poder
- Galicia gestionará más de 31.000 solicitudes de agricultores y ganaderos en la PAC, superando los 220 millones
- Médicos de hospitales gallegos dejarán de hacer peonadas ante la «negativa» de la Xunta a negociar el fin de la huelga
- Galicia regresa a Netflix: primeras escenas de Luis Zahera en 'Clanes' junto al compostelano Tamar Novas