Galicia impulsa o modelo de graos e másteres duais "pioneiro en España"
Román Rodríguez destaca que a iniciativa quere “reproducir o éxito que a opción dual tivo na FP tamén nas nosas universidades” // O alumnado combinará a súa formación académica cun contrato laboral regrado e remunerado nunha empresa

Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales USC, Santiago de Compostela / USC
Redacción
O Sistema Universitario de Galicia contará a partir do vindeiro curso cun modelo de graos e másteres "duais pioneiro en España", nos que o alumnado combinará a súa formación nas tres universidades públicas cun contrato laboral regrado e remunerado nunha empresa. Anunciouno hoxe o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, no transcurso da xornada Formación Dual universitaria: unha aposta de futuro para estudantes e empresas, celebrada na Cidade da Cultura, na que participaron os reitores das universidades de Santiago de Compostela (USC), Antonio López; da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde, e da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa.
No decurso da xornada, na que se analizaron as vantaxes deste modelo así como os principais retos para a posta en marcha deste novo programa, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia quixo destacar que esta iniciativa quere “reproducir o éxito que a opción dual tivo na FP tamén nas nosas universidades”. Neste sentido, o conselleiro lembrou que o alumnado da FP Dual acada unha taxa de empregabilidade de case o 100%, grazas á confianza de máis de 800 empresas colaboradoras, “o que demostra que se trata dun modelo educativo de éxito para a captación de talento e para a formación de calidade de profesionais cualificados e necesarios para o tecido económico”.
Avánzase, así mesmo, sobre o traballo previo para achegar a oferta universitaria á realidade dos sectores produtivos galegos, “un camiño que conta cunha folla de ruta, o Mapa de Titulacións para o período 2021-2026, que afonda na adaptabilidade ao mercado laboral e a especialización de cara a un escenario profesional máis diverso”. Esta estratexia inclúe a mellora da oferta cunha decena de másteres e unha ducia de novos graos nos sete campus galegos que permitirán dotar a Galicia de profesionais cos perfís adaptados ás necesidades da sociedade do futuro.
Marco específico
Román Rodríguez explicou que a iniciativa parte dunha análise encargada á Fundación Empresa–Universidade Galega (FEUGA), en colaboración coa Universidade de Mondragón, que achegou a súa experiencia nun proxecto similar. “Esta análise previa permitiu definir un marco específico de actuación común para as universidades galegas, cun proceso xeral de desenvolvemento e execución da implantación”, expuxo.
O representante da Xunta fixo fincapé no esforzo de todos os axentes educativos e económicos para impulsar esta iniciativa e sinalou a necesidade de ”seguir unindo forzas para avanzar, consolidar e asegurar o éxito deste programa”. Non en balde, os próximos pasos pasan polo traballo conxunto coas universidades e as empresas para sistematizar un método de traballo a través do que ir deseñando os plans de estudos, ben sexan titulacións totalmente novas ou adaptadas á modalidade dual.
“Estamos satisfeitos de ter no noso sistema universitario un motor conectado á realidade que fai que Galicia avance con máis fortaleza e benestar. Coa chegada das titulacións duais seguiremos afianzando a excelencia e a innovación que fixeron do Sistema Universitario de Galicia un modelo de referencia”, salientou.
Na xornada de traballo de hoxe participan tamén o director de FEUGA, Francisco Javier Pereiro, que afonda nos principais procesos implicados no desenvolvemento do modelo dual desde as perspectivas empresarial e universitaria, e o vicerreitor académico da Universidade de Mondragón, Jon Altuna, que presenta a experiencia da súa institución académica. Ademais, celébrase unha mesa redonda arredor dos retos actuais e futuros deste modelo en Galicia, na que interveñen o secretario xeral de Universidades da Xunta
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- La compostelana Urovesa suministrará 12 vehículos Vamtac aerolanzables al Ejército para reforzar su capacidad operativa
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- Un escritor gallego hace historia al ganar uno de los galardones de relatos más prestigiosos del mundo
- Una vecina de Figueiras relata el temor ante los robos: 'Tengo dos hijos que ya empezaban a quedarse solos en casa, pero ahora tienen miedo
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias