O CPEIG e a Xunta de Galicia renovan a colaboración para levar ‘Navega con Rumbo’
O presidente do Colexio, Fernando Suárez, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, asinan un convenio para o desenvolvemento da undécima edición desta iniciativa

Roman Rodriguez e Fernando Suarez na sinatura / ECG
Redacción
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia asinaron hoxe un convenio de colaboración para a realización de actividades de difusión e formación do programa ‘Navega con rumbo’, destinado á promoción do uso responsable das novas tecnoloxías entre o alumnado de 240 centros educativos da comunidade dentro da Estratexia de Educación Dixital 2030 da Administración autonómica. O acordo foi asinado polo presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, Román Rodríguez.
Fernando Suárez agradeceu á Consellería esta colaboración un ano máis, que cualificou como “unhas das accións máis bonitas que o CPEIG ten emprendido” e que xa foi distinguida pola Agencia Española de Protección de Datos (AEPD) co Premio ás Boas Prácticas Educativas en Privacidade e Protección de Datos Persoais para un Uso Seguro de Internet polos Menores.
O presidente do CPEIG explicou que, ademais, existen estudos como o de Unicef España coa Universidade de Santiago (USC) e o Consejo de Colegios de Ingeniería Informática (CCII), ‘Impacto da Tecnoloxía na Adolescencia. Relacións, riscos e oportunidades’, que evidencian a necesidade de accións do tipo de ‘Navega con Rumbo’ destinadas a cubrir as necesidades educativas en seguridade en internet. “Desde o CPEIG queremos ser un foro aberto, un lugar de referencia para atender as dúbidas tecnolóxicas da comunidade educativa” –apunta Suárez–.
‘Navega con rumbo’, que cumpre a súa undécima edición, é un programa encamiñado, por unha banda, ao alumnado para guialo cara unha navegación segura, tratando de evitar que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso ou outros riscos da rede, e por outra, para o profesorado e familias, facéndoos partícipes das recomendacións que eles poden aprender de xeito que tamén sexan transmisores para o alumnado.
O CPEIG realizará charlas de concienciacións, destinadas a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias) de 5º e 6º curso de educación primaria, 1º curso da ESO e 1º curso de ciclos de formación profesional de grao básico dos centros seleccionados pola Consellería. Organizaranse 240 xornadas, dunha hora de duración, durante o curso escolar 2022-2023, que impartirán especialistas do CPEIG.
O Colexio desenvolverá unha nova web asociada ao proxecto na que se porá a disposición información de interese para a comunidade educativa á que está dirixida este programa. O CPEIG elaborará tamén unha Guía de Boas Prácticas en Internet para alumnado, profesorado e familias que estará dispoñible en soporte dixital e se distribuirá, en formato impreso, nos centros educativos.
Desde que se puxo en marcha, a través do ‘Navega con Rumbo’ leváronse a cabo máis de 2.000 accións formativas.
- Sirat', del gallego Óliver Laxe, suma un premio clave en su camino a los Premios Oscar 2026
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- Muere Antón Louro, figura clave del PSdeG en la llegada de Touriño al poder
- Galicia gestionará más de 31.000 solicitudes de agricultores y ganaderos en la PAC, superando los 220 millones
- Médicos de hospitales gallegos dejarán de hacer peonadas ante la «negativa» de la Xunta a negociar el fin de la huelga
- Galicia en el ‘Grand Prix’ de TVE: estos son los pueblos gallegos que aspiran a participar este verano
- Galicia regresa a Netflix: primeras escenas de Luis Zahera en 'Clanes' junto al compostelano Tamar Novas