O presidente da Xunta visitou dous potenciais beneficiarios desta axuda universal
Bono Coidados no Fogar: Galicia será a mellor comunidade para vivir e tamén para envellecer dende xaneiro
Alfonso Rueda destaca que 20.000 dependentes que reciben atención no seu domicilio contarán cun bono de 5.000 € ao ano
Sinala que os que viven nunha residencia tamén recibirán un complemento de 1200 euros anuais
Adianta que recibirán as contías de forma automática, sen necesidade de facer ningún trámite adicional

O presidente Alfonso Rueda xunto a Isaura e Guillermo en Rois / Xunta
El Correo Gallego
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que os 20.000 dependentes que son coidados no seu domicilio comezarán a recibir en xaneiro un bono de 5.000 euros ao ano. Así, xa nos primeiros días do mes o seu ingreso mensual actualizarase conforme á nova contía.
O titular do Executivo Galego visitou hoxe en Rois, acompañado da conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, o domicilio de dous potenciais beneficiarios desta axuda, Isaura e Guillermo, que recibirán de forma autonómica, sen necesidade de facer ningún trámite adicional. Este bono vai dirixido a todos os dependentes que están sendo atendidos no seu fogar, sen importar o grao de dependencia ou o nivel económico.
Da mesma forma, Rueda lembrou que as persoas con dependencia que vivan nunha residencia recibirán, tamén de forma automática e en xaneiro, un complemento universal de 1.200 euros ao ano -100 euros ao mes- que chegará, neste caso, a 10.500 beneficiarios.
Deste xeito, o mandatario galego salientou que a partir de xaneiro máis de 30.000 persoas dependentes serán beneficiarios destes 150 millóns de euros que “son de absoluta xustiza”, valorou. “Se queremos que Galicia sexa o mellor lugar para vivir tamén ten que ser o mellor lugar para envellecer”, defendeu.

Un intre da visita de Rueda á casa de Isaura e Guillermo, potenciais beneficiarios do Bono Coidado no Fogar / Xunta
Grazas a estas iniciativas, Galicia convértese na primeira comunidade que emprende o camiño cara a universalización do sistema de coidados de dependencia e avanza no obxectivo de que cada galego poida elixir libremente como envellecer. Para iso, cóntase co axuda de ambos bonos, o que evidencia o compromiso da Xunta coa atención ás persoas dependentes.
Neste senso, o presidente reclamou a mesma implicación por parte do Goberno central e apelou de novo á necesidade de que asuma as súas responsabilidades nesta materia e financie, tal e como está establecido, o 50 % do custo dos servizos, xa que actualmente só se encarga do 30 %.
- Aviso amarillo por tormentas este jueves en Galicia: la AEMET alerta de granizadas y rachas de viento muy fuertes
- Ganados Caquelo compra por 10.500 euros una vaca criada en Chantada que marca el récord histórico en Galicia: 'En 37 años jamás pagué tanto por un animal
- Un famoso gallego, entre los participantes de la nueva gran apuesta de Antena 3
- La Xunta destina tres millones al Bono Emancípate tras superar las 3.600 solicitudes
- Una empresa gallega trabaja en un hito histórico: desarrolla el primer satélite capaz de emplear partículas atmosféricas como combustible
- Aviso amarillo por tormentas este sábado en Galicia: la AEMET alerta de lluvias intensas acompañadas de aparato eléctrico y granizo
- Elena Candia hace historia al entrar en el reducido club de alcaldes que gobernaron dos concellos distintos en Galicia
- «‘Quen anda aí?’ é o programa no que máis rin e no que máis chorei»
