“Somos unha residencia familiar”
Paula Guzmán, codirectora da residencia ‘Maiores Milladoiro’, o primeiro centro de Ames, explica a necesidade de valorar e recoñecer ás persoas maiores no día a día

“Somos unha residencia familiar” / CEDIDA

O pasado luns 16 de setembro, abriu as súas portas ‘Maiores Milladoiro’, convertindose así no primeiro centro destas características no Concello de Ames.

Interior da residencia ‘Maiores Milladoiro’. // Cedida
Só dúas semanas despois da súa apertura, a residencia, de xestión privada e que ten unha capacidade para 59 persoas, conta xa con 20 usuarios. Uns residentes que, ao igual que os seus familiares, non dudan en destacar a natureza e o enfoque hogareño do centro. “Os familiares e os propios residentes dinnos que somos unha residencia familiar”, sinala Paula Guzmán, codirectora de ‘Maiores Milladoiro’.
A boa acollida á residencia maiana responde, principalmente, á busca de que os residentes “se sintan como en casa”: “Queremos que estean a gusto aquí, ao final tamén temos esa parte de función social”. Algo que non é exclusivo da residencia do Milladoiro, se non que é común a todas, xa que as residencias teñen un papel importante: “As residencias temos un papel importante porque as familias saben que aquí están vixiados 24 horas e que somos centros abertos ás propias familias”.
Un sinfín de servizos
O éxito inicial do centro parece residir tamén nunha combinación de atención personalizada e servizos. Como explica Paula Guzmán, a residencia ‘Maiores Milladoiro’ dispón “de todas as comodidades para facer da estancia a mellor posible”. Deste xeito, conta cunha serie de servizos sanitarios para garantir a seguridade dos residentes. Para iso contan con médico no centro, enfermería, fisioterapia e reahabilitación, podoloxía, hospitalización a domicilio e unidade de psiquiatría.
Ademais, os servizos cos que conta o centro non son exclusivos do ámbito sanitario, xa que se lles facilita aos residentes unha serie de servizos para que “sintan que a residencia é como o seu fogar”. Así, no centro contase cun traballador social, transporte adaptado, salón de peiteado, limpeza e lavandería propia, animación, acompañamento a hospitais, aula multimedia, conexión a internet, un amplo programa de actividades, excursións e eventos coas familias. Unhas actividades que teñen un obxectivo claro como é “fomentar un envellecemento activo e saudable”. Algo que como recorda Paula Guzmán é “moi positivo e necesario”.
Un envellecemento digno
Hoxe, 1 de outubro, celebrase o Día Internacional das Persoas de Idade, unha data na que se busca concienciar e recoñecer a este sector da poboación, como son as persoas maiores. Sin embargo, a pesar de sinalar a importancia de celebrar un día así, para Paula Guzmán, isto non debería ser único dun día: “É moi importante que reflexemos o día das persoas de idade, pero é moi importante que nos acordemos día a día de que hai veces que temos un familiar que está ou se sinte só. É necesario recoñecelas todos os días porque si que é verdade que é un problema que está ahí”.
Este ano, a 34ª vez que se celebra, o lema do Día Internacional das Persoas de Idade é ‘Envellecer con dignidade: reforzar os sistemas de atención e asistencia das persoas en todo o mundo’, unha frase que ten un significado tan básico coma “poder decidir como queres envellecer”, como explica a codirectora da nova recente do Milladoiro: “ao final é iso, dependendo da calidade de vida de cada un decidir como vivir, como dinamizarte ou que facer”.
Valorar aos maiores
Para Paula Guzmán, un dos principais aspectos nos que ten que mellorar a sociedade é en “poñer aos maiores moito máis do que o facemos”, algo que non sempre ocorre deste xeito. “Ao final fixeron todo por nós e nós tamén imos ser maiores. E é que somos o que somos grazas a eles, grazas aos nosos maiores”, engadiu. E é que a veces o único que necesitamos é pensar e pasar tempo cos nosos maiores: “A vida pasa demasiado deprisa, pero temos que ter a capacidade de pararnos un pouco a pensar e intentar dedicarlles 10 minutos, que para nós non é nada, pero para eles significa moito”.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS DE IDADE 2024
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS DE IDADE 2024- La pastelería con los cruasanes más famosos de Santiago: 'Los estudiantes vienen a buscarlos a las 4 de la mañana
- Conxo finalmente tendrá fiesta el próximo fin de semana: 'Hemos pasado mucho trabajo como para tener que cancelarla
- Así es la tapa de oreja más popular de Santiago: 'Hacemos hasta 120 kilos a la semana
- El furancho que conquistó a la princesa Leonor a 50 minutos de Santiago: 'Tiene una de las mejores empanadas
- El Obradoiro conquista Coruña y parte del ascenso directo
- Casi 55.000 jóvenes y jubilados compostelanos viajan gratis en bus metropolitano: un 16% más
- Este pueblo a media hora de Santiago busca vecinos: con trabajo y alquileres desde 400 euros
- El Cristo de la Paciencia regresa a Conxo y pone el broche final a la Semana Santa compostelana