O Día das Letras Galegas do 2026 recae na xornalista e escritora Begoña Caamaño
A Real Academia Galega destaca o compromiso co uso do galego da xornalista, narradora e feminista nacida no barrio do Calvario da cidade olívica pero residente moitos anos en Compostela

Begoña Caamaño Arquivo da autora / RAG
Mar Mato
No ano 2014, falecía a xornalista e escritora viguesa Begoña Caamaño. Xusto doce anos despois, Galicia enteira vaille rendir tributo no Día das Letras Galegas do 2026. Así o vén de decidir a Real Academia Galega (RAG) tras un pleno extraordinario no que quedaron para outra ocasión as candidaturas que defendían a homenaxe para Miguel González Garcés, Enrique Labarta Pose ou Antón Tovar.
Por parte da Academia, nunha nota, sinalaron que "a figura de Begoña Caamaño dialoga hoxe cunha parte moi activa da profesión xornalística e literaria, traslada outra experiencia de ambas as dúas. Cómplice dese tecido de voces que é a literatura, coma colchas tecidas con retallos, voz coral na que se recoñece, entrégase á narrativa sen desoír a interrogación da xornalista e a esixencia da lectora”.
Caamaño foi xornalista da Radio Galega (traballou no "Diario Cultural"), Radio Noroeste e Radio Popular. Como narradora, atopamos as súas obras Morgana en Esmelle e Circe ou o pracer do azul. Con esta obra debutou na literatura aos 45 anos.
- Aviso amarillo por tormentas este jueves en Galicia: la AEMET alerta de granizadas y rachas de viento muy fuertes
- La Xunta destina tres millones al Bono Emancípate tras superar las 3.600 solicitudes
- El futuro de la planta de Nestlé de Pontecesures en el aire: 27 trabajadores de la fábrica se verán afectados por el ERE
- Una empresa gallega trabaja en un hito histórico: desarrolla el primer satélite capaz de emplear partículas atmosféricas como combustible
- Un famoso gallego, entre los participantes de la nueva gran apuesta de Antena 3
- Aviso amarillo por tormentas este sábado en Galicia: la AEMET alerta de lluvias intensas acompañadas de aparato eléctrico y granizo
- Elena Candia hace historia al entrar en el reducido club de alcaldes que gobernaron dos concellos distintos en Galicia
- «‘Quen anda aí?’ é o programa no que máis rin e no que máis chorei»
