Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

TVE retransmitirá os partidos da Selección Española en galego por primeira vez: así tes que facer para escoitalo

Carlos Jiménez, Enrique Morales e Manel Fernández Anidós levarán a narración

Adestramento esta semana da Selección Española

Adestramento esta semana da Selección Española / Rodrigo Jiménez / EFE

RAC

Os espectadores galegos poderán seguir na súa lingua os partidos decisivos de clasificación da selección española para o próximo Mundial de 2026. Desta maneira, os futboleiros poderán elixir entre a retransmisión en castelán liderada polo tamén galego David Figueira con Chapi Ferrer nos comentarios técnicos ou unha con comentarios en galego.

Para a narración en lingua galega os escollidos son Carlos Jiménez, narrador habitual de grandes eventos para Radio Nacional de España; Enrique Morales, xornalista de deportes de RTVE en Vigo, e Manel Fernández Anidos, ex-futbolista internacional que xogou no Celta e no Racing de Ferrol, quen tamén debutou na selección sub-21.

Para poder escoitar os comentarios en galego será preciso escoller a segunda pista de audio dos televisores á hora do partido.

Os primeiros partidos que se ofrecerán na lingua de Galicia serán o España-Xeorxiadeste sábado 11 ás 20.45 horas no Martínez Valero de Elxe e o España-Bulgaria do próximo martes 14 á mesma hora en Valladolid.

Ademais, segundo informa o ente, poderase facer o mesmo en catalán tras o arranque de La2 Cat, a canle que emitirá en lingua catalá para Cataluña, que comeza as emisións este luns 13.

Tracking Pixel Contents