Entrevista | Alfonso Rueda Presidente da Xunta de Galicia
«Se o parque comarcal de Bombeiros non sae adiante é pola incapacidade do Concello de Santiago para xestionar»
O presidente da Xunta evita dar prazos sobre cando estará o aparcamento no Hospital Clínico Universitario de Santiago

Rueda, na delegación da Xunta na Coruña. / Casteleiro
Daniel Domínguez
Santiago ve insuficientes os tres millóns que a Xunta orzamentou por ser a capital. A alcaldesa, Goretti Sanmartín, reclama dende hai anos que se convoque o Consello de Capitalidade para negociar unha suba máis importante. Ten intención de facelo nos próximos meses?
Que se reúna o Consello de Capitalidade non é un problema, outra cousa é que o faga co resultado que quere a alcaldesa. A min pediume na reunión que mantiven con ela — no ano 2023— que aumentaramos os fondos. Incrementáronse, dende logo moito máis do que sobe o orzamento da propia Xunta de Galicia. Polo tanto, reunir o Consello de Capitalidade si, pero reunilo para tomar un acordo e que se suba a cantidade que queira a alcaldesa é outra cousa, que comprendo que poida pedir.
Nos últimos días acusou ao Concello de atrasar a posta en marcha do Parque Comarcal de Bombeiros. Dende o consistorio replican que a tramitación ten distintas fases e que eles xa responderon e a pelota está no tellado do Consorcio Provincial. En que punto se atopa exactamente a tramitación do novo parque comarcal?
Evidentemente, o Concello de Santiago ten un problema co seu persoal. É algo que estamos vendo agora mesmo —esta mesma semana quedou case inoperativo durante 24 horas—, é un problema público con quendas moi baixas que temos que estar suplindo con apoios doutros parques da Xunta de Galicia. A Deputación da Coruña e a Xunta están totalmente de acordo na súa achega para o parque comarcal. Son achegas económicas importantes, que ambos estamos dispostos a facer. Agora mesmo, se iso non sae adiante é pola incapacidade do Concello de Santiago para xestionar.
En agosto de 2024, Xunta e Concello asinaron un protocolo para a construción dun aparcamento no Hospital Clínico Universitario de Santiago. Naquel entón, a Xunta fixou o inicio das obras en 2026, pero nos orzamentos non se recolle ningunha partida específica nin se redactou o proxecto. Cando poderán empezar as obras desta infraestrutura?
Non lle podo dicir os prazos exactos, pero si que lle podo contar que no Centro de Protonterapia imos ser a primeira comunidade autónoma onde vai funcionar o acelerador. Isto non vai ocorrer noutras comunidades onde tamén existe un convenio coa Fundación Amancio Ortega, non por culpa deles, senón por problemas de obras non licitadas.
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Entra en vigor el encierro de aves de corral en 40 concellos por la gripe aviar
- Mil docentes de colegios e institutos dejan las aulas gallegas este año
- Un nuevo temporal de viento y lluvia ya está a las puertas de Galicia: así será el tiempo los próximos días
- El Bono Activa Comercio de la Xunta vuelve esta semana