Entrevista | Kaixo Músico e produtor musical
"É moi complicado vivir só da música en Galicia"
Con casi 20 anos no mundo da música, o artista vigués, un dos pioneiros na escena urbana galega, conversa con EL CORREO GALLEGO sobre o seu novo proxecto (o Overfest), a importancia de coidar o 'clubbing', a actualidade da escena galega ou os problemas da industria musical na comunidade.

El músico vigués Kaixo / Javier Rosende Novo

O seu DNI pon Roi Torres Mariño (Vigo, 1989), mais todo o mundo o coñece como Kaixo. Tras iniciar a súa carreira no 2006, é un dos pionerios na escena urbana galega xunto ao colectivo Banana Bahía coa introdución de novos sons, formas innovadoras de facer música ou a creación das festas Overdose, convertidas nun gran espazo no que xerar comunidade entorno á cultura. O artistas vigués da un paso máis na súa carreira e aterriza este sábado 29 de novembro na Sala Chanteclair (Pontecesures) coa primeira edición do seu festival Overfest, "o primeiro gran festival internacional de inverno" relacionado coa música urbana.
No 2014 creou Overdose Club, e agora, máis dunha década despois, chega este Overfest, que é como unha evolución, como o salto ao gran formato, non?
Si, a ver, Overdose levamos 11 anos traballando no concepto como unha festa que nace nun momento no que a música urbana non tiña a capacidade que ten agora. Existían moitos nichos diferenciados dentro do hip-hop, pero era todo moi disperso, non había clubs per se ou festas que fixeran esta música, ou que a puxeran para que se creara arredor delas unha comunidade relevante. Quero dicir, son lugares onde xa pasaron creo que 4 xeracións, por así decilo, agora que as xeracións cambian cada 3 ou 4 anos, pois como que hai ese cambio. É certo que esta creo que é a 5 xeración xa, polo menos que eu percibo, de xente nova que entra do concepto dos Overclubs, con todas as problemáticas dos clubs, do clubbing a nivel galego. E o Overfest, despois de 11 anos, ao final convertese como dis nunha evolución natural da propia festa.
Presentabades o Overfest como o “primeiro gran festival internacional de inverno”. Cando saíu a idea xa tiñades claro que ía ser nesta época ou foi máis unha casualidade?
Queríamos facelo tamén en inverno porque o verán está saturado. Existen xa proxectos como o Rompetiño, que me parecen que cubren ese espectro. Aínda que nós poidamos facer cousas en verán que tamén pode pasar, pero, eles cobren ese aspecto moi ben, e nós o que queríamos era tamén, por un lado, facer da problemática que hai coas salas en xeral en Galicia, pois ver a parte positiva, que exiten aínda salas, como por exemplo neste caso Chanteclair ou como a Sala Queen, que permiten facer en espazos pechados festivais no inverno. Ademais pensamos que estamos agora nun momento no que o rap, en xeral a música relacionada co hip-hop, pois está nun momento doce.

El artista vigués Kaixo / Javier Rosende Novo
Dende Overdose sempre se lle deu moita importancia aos clubs e ao clubbing, seguese a mesma premisa con Overfest?
Entendendemos que o clubbing é importante, porque o clubbing mensual é onde realmente se xera esta comunidade da que nós falamos. Entendemos que é un punto de encontro entre as futuras xeracións da cultura de Galicia, relacionadas sobre todo co mundo da fotografía, dos estilismos, da música, da produción, do mundo audiovisual… ao final Overdose consigue xuntar a toda a esa xente ou a esos futuros artistas e creemos que iso ten que seguir existindo.
As marcas non queren facer nada en Galicia. Considérano un gasto innecesario porque somos a periferia
Un dos principais puntos do Overfest é que se trata dun proxecto autoxestionado, sen apoio institucional
Nós era unha das primeiras premisas que queriamos traballar. É certo que se realmente tiveramos axudas a nivel insititucional non íamos decir que non, pero o certo é que tamén era un punto interesante de partida, de tirarse á piscina con isto desde unha forma totalmente independente e tamén dar aí como unha especie de bocinazo da problemática que hai cos festivais en Galicia se non tes axuda institucional. Do difícil que é crear algo dende a autoxestión e iso estámolo vendo, como moitos festivais morren ou non conseguen facer a seguinte edición porque non contan con esa axuda. Sobre todo porque o apoio institucional, por desgraza, está moi monopolizado. Nós queremos pensar que se pode conseguir desmonopolizar iso e que as ideas pequenas tamén teñen dereito a esas axudas institucionais. Ao final encara a filosofía que nós temos coa festa. Quitando algunha marca de bebida, nunca tivemos axuda de ninguén. Non hai detrás nosa un gran selo discográfico, non hai unha marca de roupa xigante apoiándonos para atraer a ninguén. Sae todo do noso bolsillo. É moi difícil, pero tamén era unha parte interesante facer percibir aos demais o dificil que é facer as cousas sen ningún tipo de axuda.
Cómo ve a escena urbana galega na actualidade?
Eu creo que hai unha dicotomía complexa no que está a pasar en Galicia. Por un lado, existe moito talento, porque sempre existiu, dende Banana Bahía cando comezara eu con Dani Ble ou Elecésar. Pero é que xa había talento antes, con Puto Coke, despois de nós con Dirty Suc ou Tekilas, e ségueo habendo agora cos 9Louro, Boyanka Kostova e demais. Como que en verdade sempre existiu a través das xeracións un montón de talento e sempre o mesmo problema, que non hai unha industria detrás que valore e que respolde os proxectos. Si que é certo que xa existen algunhas plataformas como onde estaba Ortiga, Raso Estudios, ou algunhas empresas metidas no que é a produción de eventos e así, que é realmente onde o artista gaña diñeiro, onde pode dicir que vive da música. Pero ségueme faltando algo máis.
Cómo debería ser esta industria?
Para mín o modelo a seguir sería o modelo que hai en Euskadi. Alí, por exemplo existe Last Tour, que non deixa de ser unha gran plataforma relacionada coa produción de eventos e tal, pero logo teñen Oso Polita, que é un selo discográfico e literalmente todo dios está aí metido. Entón, é que ao final é unha empresa xigante, que decide estar en Bilbao como podería estar en Santiago e ter unha oficina aquí e ser a plataforma eixo de toda a música en galego. Eu creo que hai alguen que ten que dicir "como podo facer que a rapazada que está aquí poida estar dentro da música sen necesidade de dicir ‘bua é que teño que tocar en 15 festivais este verán para poder pagarme o ano de vida’". E iso aquí non se da precisamente por iso, porque non hai unha industria detrás. Despois, por outro lado, tamén boto en falta en Galicia ese rollo dos lugares autoxestionados ou con permisos dos propios concellos para poder facer cultura, pero vese que non é sinxelo que vaian conectados os concellos e a cultura.

El artista vigués Kaixo / Javier Rosende Novo
Cómo é actuación dos concellos?
Polos concellos non hai espazos, hai bares pechados, salas pechadas, non se poden facer concertos en sitios públicos… Estase valorizando, pasa moito aquí en Santiago ou en Vigo, sobre todo agora coa Navidad, que hai ese turismo de masificación, de moi pouca calidade e que tampouco ten un retorno tan interesante. En verdade gastanse moitos cartos para todos os problemas que dan á cidade en canto á convivencia. Paréceme máis interesante espazos de ocio xestionados de forma correcta, con salas de concertos. Que son lugares nos que evidentemente hai ruido, pero igual é mellor o ruido dunha sala de concertos que o ruido dun piso turístico.
Igual é mellor o ruido dunha sala de concertos que o ruido dun piso turístico
Falamos desta falta de industria, e isto acaba desembocando en que parece que é necesario saír de Galicia para facerse un nome, como no seu caso, que tivo que moverse a Madrid, Oporto e Barcelona.
Si, por desgraza, a pesar de vivir nun mundo interconectado, no que poderías iniciar a túa carreira dende China sen problemas só con Internet, aquí parece que iso non existe, que aquí estamos no Paleolítico nese aspecto e que tes que seguir índote a malvivir a Madrid cando é algo que poderías estar facendo desde Vigo ou dende Santiago perfectamente. Pareceme algo que fala moi mal de como está España, do centralismo cultural que hai. E isto é algo que pasa tamén no tema das marcas, por exemplo aquí porque temos unha marca como Jäggermeister que si que aposta polas pequenas cidades ou non só pequenas, pero que ten esa rede montada a nivel nacional para que se fagan cousas. Pero despois falas con outras e che din que en Galicia non queren facer nada. Por exemplo, o branding de marcas de roupa, eles non queren facer nada en Santiago ou en Vigo, o consideran un gasto innecesario porque somos a periferia. É o centralismo intelectual e cultural que produce que moita xente ao final declina seguir na cultura ou o fai dende unha perspectiva moito máis residual, nun segundo plano. Eu son músico, considerome músico, pero tamén son produtor de eventos porque ao final é moi complicado pensar en que podes vivir en Galicia e vivir só da música.
Destaca varios nomes da escena urbana galega, e varios teñen un nexo de unión que é Vigo. Que ten a cidade de especial para que xurdan tantos artistas?
Eu creo que é por "cabezonería". É unha cidade de merda, postindustrial, de xente triste e cabreada, unha cidade moi borde nese aspecto. Pero ademais tamén é unha cidade moi esixente a nivel cultural porque ten ese pasado do que falaba. De xeración a xeración non deixou de haber artistas bos en todos os aspectos: na música, fotógrafos, cineastas… Entón claro, é unha cidade que ten esa esencia cultural, aínda que a machacan, porque si que é certo que cada ano que pasa perdemos máis capacidade, pero dalgunha forma existe esa "cabezonería". É unha cidade moi contracultural, que ten ese punto de ir sempre en contra da corrente, e iso consegue que dalgunha forma a mentalidade da xenta sexa incormomista, e o inconformismo é o patrón da xeración de arte.

El artista vigués Kaixo / Javier Rosende Novo
Gran parte de culpa disto tamén é de Banana Bahía.
Evidentemente, Banana Bahía é un espectro musical moi amplo que conseguiu que todo iso como que brotase. Pero a verdade é que os rapaces non saben quen é Banana Bahía, bueno os que fan música si, pero calquera rapaz relativamente novo que escoita esta música non sabe o que é. Púxose a semente, por así decilo, e agora tamén me gusta pensar en que terán que vir outros colectivos que fagan o traballo que nós fixemos no seu momento. Hai moito aínda por facer, o que estamos falando agora, mellorar a industria, reivindicar a túa cidade, reinvindicar o rural galego, reivindicar vivir aquí. Vivir e compoñer aquí, sí, e traballar aquí como músico, non ter que estar pendente de irte a ningunha gran cidade do Estado español para poder vivir desto.
Hai unha idade para deixar de pertencer á escena urbana?
Para nada, eso é unha mentira bastante extendida. De feito, agora vese nos Dano ou Elio Toffana, que son maiores ca min, ou con Griselda nos Estados Unidos, que son pavos de 50 e pico anos e siguen facendo rap. Á xente agora molalle iso, que os puretas volvan a facer música, pero tamén porque hai esta ultrainfantilización da cultura e parece que todo ten que ser rapaces de 20 anos facendo música. Agora hai unha recuperación do rollo de que a música non é iso, iso só é marketing e existe este rollo máis reposado da música que está voltando agora. No meu caso, non estou fóra de nada, só do marketing musical, do formato industrial.
- Galicia se prepara para tiritar ante la llegada de tormentas, granizo y nieve durante los próximos días
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Así quedaría la letra del himno gallego con las propuestas de la RAG
- Rosalía cuenta en la televisión brasileña cómo se cortó el pelo en A Coruña: 'Cometí un error
- De boquete de 200 metros a destino turístico: Galicia entra en la nueva red de municipios del carbón
- Elegidos los ocho mejores quesos gallegos de 2025: 'Son un enorme compromiso con la tierra
- Galicia también estará en el Mundial 2026: así es la canción con sello gallego que sonará en todos los partidos
- Mariano Rajoy, en Santiago: 'Nací aquí, estudié aquí y mi carrera política empezó aquí