Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

De "foliada" a "xenocidio": Cal será a Palabra do Ano 2025 en Galicia?

A votación pode realizarse ata o domingo 21 de decembro ás 23.59 horas

De "foliada" a "xenocidio": Cal será a Palabra do Ano 2025 en Galicia?

De "foliada" a "xenocidio": Cal será a Palabra do Ano 2025 en Galicia? / Antonio Hernández

Anxo Bentrón

Anxo Bentrón

Santiago

Xa coñecemos as palabras finalistas na elección da Palabra do Ano 2025, iniciativa promovida pola Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié. Tras a fase de recollida de suxestións, este mércores abriu a fase da votación popular, que decidirá cal será a Palabra do Ano.

A votación telemática permanecerá aberta ata as 23.59 horas do domingo 21 de decembro. O voto pode realizarse a través do Portal das Palabras, puidendo enviar un voto por equipo nun lapso de 24 horas.

As finalistas

As propostas finalistas apelan a temas que marcaron a actualidade dos últimos meses -como é o caso de "lume", "xenocidio" ou "foliada", en referencia ao pasado Día das Letras Galegas adicado ás cantareiras- ou responden a expresións propias da lingua galega -como "loia"-. Tamén deixou a súa pegada nas candidatas o Ano Castelao. De aí que "retrinco" estea tamén entre as finalistas.

Estas son as seis palabras que se enfrontan para converterse na Palabra do Ano en Galicia:

  • Desfeita
  • Foliada
  • Loia
  • Lume
  • Retrinco
  • Xenocidio

O Portal das Palabras

O Portal das Palabras é un proxecto da RAG e a Fundación Barrié que persegue a divulgación do galego e a modernización do traballo lexicográfico.

Para iso, cada semana ofrece xogos e outros contidos divulgativos que conectan o léxico galego coa actualidade dun xeito ameno.

Dende o ano 2014, este portal convida a todas as persoas a participar na escolla da Palabra do Ano.

Nas edicións anteriores, os vocábulos elixidos como Palabra do Ano foron: cantareiras, cibercarracho, comadre, tanxugueiras, nós, sentidiño, deseucaliptización, afouteza, irmandade, refuxiado e corrupción. E ti, cal crees que debería ser a palabra deste 2025?

Tracking Pixel Contents