A Estrada consolida a súa aposta pola cultura no Nadal
Hoxe ás 12.00 horas correrase a San Silvestre Acuática | O 31 será xornada de ‘tardeos’

A Estrada consolida a súa aposta pola cultura no Nadal | CEDIDA
O Concello da Estrada continúa inmerso na celebración do Nadal cunha ampla e variada programación que se estenderá ata o 5 de xaneiro, con propostas pensadas para todos os públicos e cun protagonismo especial para as actividades infantís, culturais e deportivas a partir deste 24 de decembro.
A xornada da Noiteboa chega cargada de ambiente festivo coa celebración do Mercado de Nadal de produtos estradenses no Novo Mercado, unha excelente oportunidade para apostar polo comercio local nestas datas. Pola mañá, ás 12.00 horas, terá lugar a San Silvestre Acuática na piscina climatizada, mentres que pola tarde os máis pequenos serán os grandes protagonistas coa Cabalgata de Papá Noel, que percorrerá as rúas da vila a partir das 18.00 horas.
Festa Pre Fin de Ano
As propostas familiares continúan o 26 de decembro coa actuación de Pablo Díaz e o seu espectáculo Contando números, cantando cores na Sala Abanca, ás 18.30 horas, e coa Festa Pre Fin de Ano, que se celebrará pola noite na Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada. Ao día seguinte, o 27, combinarase música tradicional, teatro infantil e showcooking para a rapazada, con actividades repartidas entre a rúa Calvo Sotelo, o Teatro Principal e a Sala Abanca.
Rondallas e teatro
Durante a fin de semana do 27 e 28 de decembro, a programación seguirá enchendo a vila con rondallas, espectáculos escénicos e propostas culturais como a presentación da Miscelánea no Museo do Moble e a Madeira (MOME), sen esquecer as funcións dirixidas ao público infantil, que terán continuidade tamén o día 30 coa actuación de Bandullo Azul e o seu espectáculo Fazulas e o ladrón de paraugas.
O 31 de decembro será unha das xornadas máis completas, co Mercado de Nadal, a celebración da San Silveira BTT, a tradicional Carreira de San Silvestre, e os animados ‘tardeos’ de Fin de Ano na rúa Serafín Pazo e na zona dos viños, que despedirán o ano nun ambiente festivo e participativo.

ESPECIAL NADAL 2025
ESPECIAL NADAL 2025Xa no novo ano, o 2 de xaneiro, o Nadal continuará con teatro, música e concertos, destacando as cantigas de Nadal de Anterga Teatro na Sala Abanca. A programación pecharase o 5 de xaneiro coa esperada Cabalgata de Reis, que sairá ás 18.00 horas, e coa Festa de Reis da Hostalería Estradense na Praza do Concello, a partir das 23.00 horas, poñendo o broche final a unhas festas de Nadal que están a converter A Estrada nun animado punto de encontro para a veciñanza e os visitantes.
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- Vientos huracanados, lluvias persistentes y descenso de la cota de nieve: el temporal sacude a Galicia esta semana
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
- Galicia protege a la última pareja que cría en la península de un singular pájaro
- No es spam: todo lo que debes saber del mensaje masivo del Sergas y el virus respiratorio sincitial
- Circula a 185 km/h con una furgoneta por la AP-9 y acaba investigado por la Guardia Civil
- Hablan los médicos en huelga: 'Es imposible atender bien a 60 pacientes en una jornada de trabajo
- El 'vakamulo': un superjabalí en Galicia que puede alcanzar los 200 kilos