Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Nadal en Lugo

Outeiro de Rei estrea Mercado de Nadal

Por primeira vez puido gozar dun Mercado de Nadal

Un dos postos gastronómicos do Mercado de Nadal.

Un dos postos gastronómicos do Mercado de Nadal. / CEDIDA

Outeiro de Rei

Outeiro de Rei está a vivir un Nadal único na súa historia, posto que por primeira vez, puido gozar dun Mercado de Nadal. Este espazo, situado no pavillón do Colexio Público Laverde estivo dispoñible o 20 de decembro dende as 12.00 ata as 19.00 horas.

Así, as instalacións transformáronse nun punto de interese para a veciñanza e potenciador do comercio local, cunha morea de postos de produtos de Nadal, alimentación, artesanía, agasallos, complementos ou produtos de segunda man. Nesa mesma xornada, tiveron un grande éxito as catas de viños, queixos e doces que se desenvolveron na Casa da Cultura municipal.

En paralelo, a vila está ultimando os preparativos para a tradicional Festa de Reis que se celebrará o 5 de xaneiro. O evento comezará ás 17.00 horas coa actuación da Maga Fani no salón de actos da Casa da Cultura; ao seu remate, sobre as 18.15 horas, terá lugar unha festa- merenda con roscón de Reis e lambetadas varias á que está convidada toda a cativada do municipio e que terá lugar no pavillón municipal de deportes.

ESPECIAL NADAL 2025

ESPECIAL NADAL 2025

ESPECIAL NADAL 2025

Posteriormente, a iso das 19:00 horas, está prevista a chegada das súas Maxestades de Oriente ao pavillón municipal, onde repartirán agasallos de todo tipo aos máis pequenos.

Tracking Pixel Contents