Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Nadal en Lugo

Chantada está a vivir unhas festas ‘de película’

O municipio poñerá o foco na gran pantalla e nos espectáculos en directo

Chantada está a vivir unhas festas ‘de película’

Chantada está a vivir unhas festas ‘de película’

Chantada

Chantada vive un Nadal ‘de película’. Despois de animar aos pequenos de 1 a 4 anos co contacontos Leo e o Nadal, e de proxectar a película de animación Holy Night!, o municipio poñerá o foco na gran pantalla e nos espectáculos en directo. O próximo evento destacado chegará o xoves 26 de decembro coa proxección da película de comedia e acción Red One, ás 18.30 horas no Auditorio Municipal, unha proposta pensada para o público familiar e xuvenil.

Ao día seguinte, o venres 27 de decembro, o auditorio municipal acollerá ás 19.30 horas o espectáculo Mayday, unha divertida combinación de circo e comedia que promete risas e entretemento para todos os públicos. A música volverá ser protagonista o luns 30 de decembro coa actuación de Gramola Gominola, un concerto dirixido especialmente á cativada que terá lugar ás 18.30 horas no Auditorio Municipal. Xa no novo ano, o xoves 2 de xaneiro, a Biblioteca Municipal acollerá ás 18.00 horas a sesión de contacontos A osiña amorosa, Gemola volve polo Nadal, unha actividade pensada para o público infantil que combina narración e imaxinación arredor destas datas tan especiais.

ESPECIAL NADAL 2025

ESPECIAL NADAL 2025

ESPECIAL NADAL 2025

A programación de Nadal pecharase o domingo 5 de xaneiro coa esperada Cabalgata de Reis, que percorrerá as rúas da vila e culminará coa recepción das Súas Maxestades no Auditorio Municipal ás 18.30 horas, nun dos momentos máis emotivos das festas para pequenos e maiores.

Tracking Pixel Contents