Valga non deixa de sorprender co seu Belén en Movemento
O nacemento resume en 400 metros cadrados os acontecementos máis destacados do ano

Valga non deixa de sorprender co seu Belén en Movemento | CEDIDA
Cando se fala do Nadal e do Concello de Valga, é practicamente imposible non pensar no seu popular belén artesanal en movemento. A apertura deste presebre é un dos eventos máis destacados do ano no municipio, senón o que máis. O seu especial atractivo reside en que é o belén feito a man en movemento máis grande de Galicia, pero tamén na profunda creatividade e sentido do humor que o caracteriza, pois cunha simple ollada pódese contemplar nel os acontecementos máis destacados, tráxicos e entrañables de todo o ano.
Declarado como Festa de Interese Turístico de Galicia, este nacemento supera os seus límites ano tras ano. Máis alá do seu inmenso tamaño, uns 400 metros cadrados nos que conviven máis de 400 figuras que se moven grazas ao traballo dunha multitude de minúsculos motores, chama a atención a súa forma de facer un resumo da actualidade política e social máis recente.
Entre as grandes novidades deste ano poden verse recreacións de sucesos tan emblemáticos como a vaga de incendios que afectou a Galicia (cunha homenaxe ás vítimas e un recoñecemento a todas as persoas que loitaron contra o lume), o falecemento do papa Francisco (que inclúe tanto o seu enterro como o nomeamento do novo pontífice) ou o gran apagamento que deixou España ás escuras.
As tramas políticas son outras das grandes protagonistas do belén. Entre as novidades destacan a figura do fiscal xeral borrando WhatsApp, Aldama tirando da manta, Ábalos e Koldo, que andan de ‘ligoteo’, e mesmo personaxes como Donald Trump ou Elon Musk. O deporte tamén ten cabida no nacemento e está representado en figuras como a de Marc Márquez, celebrando a conquista do seu noveno campionato do mundo.

ESPECIAL NADAL 2025
ESPECIAL NADAL 2025Completan o Belén escenas do corazón e do entretemento que marcaron este ano, como o anel de compromiso de Georgina e Cristiano Ronaldo ou a voda de Cayetano Martínez de Irujo. O pesebre estará aberto ata o 11 de xaneiro de luns a venres, de 17.30 a 20.30 horas; mentres que os sábados, domingos e festivos poderá visitarse de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.
- Chisco Lema, veterinario experto en lobo: 'Hay manadas especializadas en cazar perros
- Aire polar, temperaturas bajo cero y fuertes heladas: Galicia se prepara para un fin de semana gélido
- Galicia se congela con el aire polar: un nuevo frente de frío, nieve y granizo llega para comenzar la semana
- Una ciudad gallega, finalista a mejor Destino Nacional en los Premios Condé Nast Traveler
- La alerta roja se desactiva en A Coruña: breve tregua antes de la borrasca 'Ingrid', que traerá frío y nieve a 400 metros
- Buscan figurantes para sacar la Galicia más rural en una «nueva serie de época» de Vaca Films: de cortar leña a hacer la matanza
- Ingrid' azota Galicia: prohibido el tráfico de camiones entre Ourense y Santiago
- El conflicto en los autobuses se encalla en la provincia de A Coruña y avanza hacia la huelga indefinida