Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

AGalega.gal estrea un documental sobre Camilo José Cela e Rafael Alberti

Afonda na relación entre ambos escritores a través da súa correspondencia

Intervención do poeta Benjamín Prado en 'Á destra e á sinistra'

Intervención do poeta Benjamín Prado en 'Á destra e á sinistra' / CSAG

Rodrigo Paz

Rodrigo Paz

Santiago

AGalega.gal, plataforma de streaming da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG) —antiga CRTVG—, estrea este mércores Á destra e á sinistra, documental galego que afonda na relación entre o recoñecido escritor padronés Camilo José Cela, gañador do Premio Nobel de Literatura en 1989, e o poeta andaluz Rafael Alberti a través da súa correspondencia. Un proxecto que, mediante o diálogo epistolar de dous xenios das letras con ideoloxías completamente diferentes, ofrece unha reflexión sobre o contexto literario e social da época ao mesmo tempo que rende homenaxe á literatura como espazo de encontro máis alá das diferenzas.

Esta non será a única estrea de AGalega.gal desta semana. Este xoves chegará á plataforma Conspiración, thriller protagonizado por Jerry Fletcher que achega a figura dun taxista neoiorquino obsesionado coas teorías conspirativas. Xa o venres será a quenda de Efémeras, produción da BBC de dous capítulos que relata a historia real do novelista Andrew O’Hagan, que escribiu o libro homónimo (Mayflies) despois de que o seu amigo da infancia morrera aos 51 anos.

Por último, este sábado estrearase o filme Pais e nais, unha comedia dramática danesa protagonizada por Ulrik e Piv, unha parella que intenta integrarse no grupo de familias da nova escola da súa filla.

Tracking Pixel Contents