FITUR 2026
Ferrol amosa ao mundo o seu toque especial como cidade
Esta campaña trata de dar a coñecer o encanto identitario do lugar, no que se celebran importantes citas como A Noite das Pepitas

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, oitavo pola esquerda, con ediles e autoridades. / CEDIDA
ECG
O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, presidiu este xoves a presentación da campaña turística Toque Ferrol-Ferrol Touch, o arranque do proxecto que terá continuidade durante todo o ano para a promoción da cidade.
Comezaron a súa participación na feira cunha peza audiovisual inspirada no Toque Ferrol, que avanza a historia que se coñecerá ao completo próximamente de dous artistas que xuntan as súas historias mentres se suceden imaxes dinámicas da cidade, tanto da contorna urbana como rural.
Rey Varela encargouse de explicar ao público o Toque Ferrol, que «non é só un eslogan», puntualizou. «É a autenticidade, a forza e o orgullo que non se explica. Vívese. Posuímos unha forza identitaria, emocional e patrimonial indubidable. Un carácter que máis que presumir, o que fai é demostrar. Iso é o Toque Ferrol», manifestou. «Ferrol é mar, vento e horizonte aberto, e pensa e sinte con profundidade, carácter e verdade. Este ano, ademais, celebramos os 300 anos de Ferrol como cidade mirando cara o futuro», engadiu o rexedor.
O vídeo amosou o encanto das praias de Doniños, Santa Comba, a entrada da ría de Ferrol, o barrio de A Magdalena, o Arsenal ou a porta do dique, así como das festas de verán ferrolás ou o espectáculo de danza que se celebrou no dique do Arsenal. Ademais, incluíu imaxes do fito histórico do derrubamento da muralla que se está a producir con Abrir Ferrol ao Mar, un ambicioso plan urbanístico chamado a transformar a urbe.
Por outra banda, o rexedor destacou como o pobo vive a flor de pel a Semana Santa, considerada Festa de Interese Turístico Internacional. Asemade, resaltou a tradicional Noite das Pepitas, que atrae a visitantes de todo o mundo. «E unha festa fondamente ferrolana que non existe en ningunha outra parte do mundo», declarou.

ESPECIAL FITUR 2026
ESPECIAL FITUR 2026As Meninas de Canido, un festival de arte urbano recoñecido internacionalmente, tamén foi outra das citas destacadas na presentación. «É un museo ao aire libre, vivo, en constante evolución que transformou todo un barrio desde a creatividade e a participación, porque en Ferrol a arte compártese», sinalou Rey Varela. No que atina ao deporte, destacaron o evento de equitación de alto nivel Equiocio, no que se fusiona deporte, natureza, ocio familiar e turismo activo.
- Lunes de borrasca y lluvias intensas en Galicia... pero con el anticiclón en el horizonte
- Adiós a la lluvia: Galicia se prepara para dejar en casa los paraguas y pone fecha a la vuelta del sol
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- Una tregua en la lluvia: tarde de tiempo seco antes de un nuevo frente
- Los vientos del sudoeste vuelven a traer lluvia generalizada este domingo a Galicia
- Viernes de gran inestabilidad en Galicia: llega una masa de aire polar marítima
- Netflix pone fecha para el estreno de una de sus series más esperadas: rodada en Galicia y con tres compostelanos en el elenco
- Fallece el periodista deportivo Emilio Navaza, uno de los grandes cronistas de la era moderna