FITUR 2026
Monfero, o tesouro que garda parte das Fragas do Eume
Na provincia da Coruña, atópase a vila idónea para os que buscan un destino turístico en completa conexión coa natureza verde das terras galegas.

Fragas do Eume / CEDIDA
Trátase de Monfero, popularmente coñecido por albergar parte do parque natural das Fragas do Eume, un dos atractivos turísticos que máis chaman aos fanáticos do turismo verde polo seu coidado estado e espectaculares paisaxes.
Con máis de 9.126 hectáreas de pura natureza, visitar Monfero vai da man dunha visita obrigatoria ás Fragas do Eume, pois é un testemuño vivo da beleza salvaxe que define a rexión e que foi esculpido polo río Eume no seu tramo medio e final.
Cun simple paseo, os viaxeiros quedan marabillados coa diversidade da súa fauna e flora, vivindo unha experiencia de verdor entre carballos, castiñeiros, bidueiros e ameneiros.
O patrimonio histórico de Monfero tamén deixa unha pegada imborrable na mente de quen o visita. Neste sentido destaca o Mosteiro de Santa María de Monfero, fundado a comezos de século XII e renovado no século XVII nun estilo barroco, que se alza como un dos grandes emblemas do poder eclesiástico da zona.

ESPECIAL FITUR 2026
ESPECIAL FITUR 2026Outro dos grandes distintivos de Monfero é a calidade da súa gastronomía local, onde o grelo resalta como producto estrela, pois a combinación de clima e solo da zona fai que a calidade desta emblemática verdura galega sexa reclamada por vendedores de toda a comunidade galega
- Nieve, tormentas y vientos extremos: Galicia inicia febrero bajo el azote del Atlántico
- ¿Qué se sabe de la borrasca Leonardo y como será su impacto en Galicia en las próximas horas?
- La borrasca Marta llega a Galicia para golpearla con más nieve, viento y un mar embravecido
- Tradición 'furancheira', cocidos y filloas: así es el calendario gastronómico que reina este febrero en Galicia
- La orquesta más viral del momento llega a Galicia por San Valentín
- Nieve, tormentas y lluvias torrenciales: la borrasca Marta ya se acerca a Galicia mientras continúa el azote de Leonardo
- La queja de un diputado de Lalín por el pulpo a la gallega del Parlamento Europeo: 'Es como llamarle gaita a una vuvuzela
- Rescatados después de tres horas los pasajeros de un AVE Santiago–Madrid averiado en medio de un monte cerca de Ourense