Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Fitur 2026

Outeiro de Rei, unha pausa natural no corazón de Lugo

É moi típico visitar este municipio para completar rutas de sendeirismo rodeados de flora e fauna silvestre

A ínsua de Seivane conta cunha ponte colgante duns 30 metrosde longo. | CEDIDA

A ínsua de Seivane conta cunha ponte colgante duns 30 metrosde longo. | CEDIDA

Santiago

No corazón de Lugo, hai un municipio de preto de 5.300 habitantes que demostra que a modernidade, a evolución e a prosperidade poden avanzar sen ir acompañadas da estresante vida das grandes cidades. Trátase de Outeiro de Rei, un concello onde o verde da natureza, a tradición da artesanía e o espíritu dos seus veciños fan que sexa o destino ideal para unha escapada vacacional.

A súa xeografía converte a este territorio en todo un mapa para facer sendeirismo, con diversos camiños e rutas onde as paisaxes naturais están presentes a cada paso. Un dos máis sinxelos e adecuados para completar en familia é o das insuas do Miño, no interiorda reserva da biosfera Terras do Miño. Outra opción é a Ruta Miradoiro da Terra Chá, pola que os camiñantes poderán contemplar fascinantes paraxes naturais dende o lugar da Feira ata o miradoiro de Paraños, punto no que se pode apreciar boa parte da zona central luguesa.

Así mesmo, os ríos Os ríos Miño, Ladra e Narla únense en Outeiro de Rei para crear exóticos espazos naturais e pequenas illas que, ademais de ter unha gran beleza, serven como escenario de distintos eventos deportivos como a natación, a pesca e o piragüismo. Ademais, hai habilitadas diversas áreas recreativas, como a de Penas de Rodas ou a da ínsua de Seivane, perfectas para que as familias pasen un rato de lecer.

Por outra banda, en Outeiro de Rei encóntranse numerosos elementos arquitectónicos de devoción e de varios estilos. O municipio foi un importante centro de culto, polo que conta con varias capelas de orixe medieval, entre as que destaca a de Bravos, de orixe románica. En canto a arquitectura civil, son coñecidas as súas casas señoriais, sobre todo a Casa-Forte de San Xoán, construida no século XV pola familia irlandesa dos O’Kelly.

ESPECIAL FITUR 2026

ESPECIAL FITUR 2026

ESPECIAL FITUR 2026

A diversión para todos os públicos está asegurada en Outeiro de Rei, que poderán pasalo en grande visitando o centro Marcelle Natureza, no que se cruzarán con animais en semiliberdade nunha contorna única; a aldea das formigas en San Clodio; que recrea escenas da vida cotiá representadas por estas réplicas destas criaturas; ou a Casa-Museo de Manuel María, que contén a biblioteca personal con máis de 1.200 volúmenes do autor máis prolífico da segunda metade do século XX.

Tracking Pixel Contents