'Antes de nós', 'Sirat' e 'As liñas descontinuas' acaparan as candidaturas finalistas dos Mestre Mateo
A película sobre Castelao de Ángeles Huerta lidera as candidaturas dos premios do audiovisual galego con 18, seguida dos traballos de Óliver Laxe e Anxos Fazáns con 11
A gala terá lugar en Lugo o vindeiro 21 de marzo

Fotograma de 'Antes de nós' / Cedida
Os premios do audiovisual galego, os Mestre Mateo, xa teñen aos seus favoritos da súa XXIV edición, que será presentada pola actriz Trisha Fernández e o cómico Federico Pérez o vindeiro 21 de marzo no Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo.
A actriz Andrea Varela e o presentador Juan Fuentes foron os encargados de anunciar este martes, no centro sociocultural O Vello Cárcere de Lugo, as candidaturas finalistas, nas que os filmes Antes de nós, Sirat e As liñas descontinuas son as grandes protagonistas ao acumular ata 40 nominacións. As tres loitarán por facerse co Premio Mestre Mateo á Mellor Longametraxe, un galardón ao que tamén está nominado o filme San Simón, de Miguel Ángel Delgado.
As tres grandes dominadoras
A película arredor da figura de Castelao antes de ser Castelao, Antes de nós, é a máis votada polos académicos, con ata 18 candidaturas. Un filme que, ademais da xa mencionada nominación á Mellor Longametraxe, tamén aspira a obter os galardóns de Mellor Dirección (Ángeles Huerta) ou Mellor Guión (Pepe Coira).
Sen embargo, onde máis destaca o filme de Huerta e no apartado de interpretación, colocando ata sete dos seus intérpretes entre os finalistas: Adrián Ríos, Miquel Ínsua, Nancho Novo, Luisa Merelas e Victoria Teijeiro en papeis de reparto e Cris Iglesias e Xoán Fórneas nos papeis protagonistas.
No tocante ás categorías de interpretación, as nominacións, tanto nas categorías masculina coma feminina, completanas Tatán (San Simón), Desiré Pillado (O Home Perfecto) e Isabel Naveira (Lume) en papeis de reparto; e Alba Flores (Punto Nemo), Lucía Veiga (Mi ilustrísimo amigo), Mara Sánchez (As liñas descontinuas), Flako Estévez (San Simón), Adam Prieto (As liñas descontinuas) e Luis Tosar (Golpes) nos papeis protagonistas.
Pola súa banda, tanto Sirat como As liñas descontinuas, as outras dúas grandes dominadoras, contan ambas con once candidaturas, entre as que destacan as nominacións a Mellor Dirección para Oliver Laxe e Anxos Fazáns respectivamente. Un apartado que completa a nominación de Lucía Estévez por Weiss e Morales.
Mellor dirección de arte, fotografía e produción
No apartado de Mellor Dirección de Produción competirán Analía G. Alonso e Aleix Castellón (San Simón), Lucía Caramelo (Antes de nós), Oriol Maymó (Sirat), ademais de Nati Juncal e Silvia Fuentes (As liñas descontinuas).
En canto á Mellor Dirección de Fotografía os nominados son Jaime Pérez AEC (Weiss e Morales), Lucía C. Pan AEC (Antes de nós), Mauro Herce (Sirat) e Sandra Roca (As liñas descontinuas).
As propostas finalistas á Mellor Vestiario son Aránzazu Domínguez por Antes de nós, Fede Pouso por Mi ilustrísimo amigo, Nadia Acimi por Sirat e Uxía Vaello por San Simón. Pola súa banda, Chicha Blanco e Lorena Calvo (Antes de nós), Fani Mosqueira (O Home Perfecto), Sonia García (As liñas descontinuas), Sonia García e Silvia Neira (San Simón) e Zaira Eva Adén (Sirat) son as nominadas á Mellor Maquillaxe e Perruquería.
En Mellor Montaxe, os candidatos son Cristobal Fernández (Sirat), Diana Toucedo e Laura Piñeiro (As liñas descontinuas), Gaspar Broullón e Lu Rodríguez (Weiss e Morales) e Lucía Iglesias Fuentes (Antes de nós).
No que respecta ás curtametraxes, foron seleccionadas como finalistas un total de oito: catro de imaxe real e catro de animación. Abellón, Adeus, Berta, Algo novo que contar e Curmán competirán polo premio que as acredite como Mellor Curtametraxe de Imaxe Real; mentres que Lucus, Nuno, O corpo de Cristo e O mesmo competirán polo Mestre Mateo á Mellor Curtametraxe de Animación.
Por último, as nominacións a Mellor Dirección de Arte son para Elia Robles (Antes de nós), Inés R. Sacristán (San Simón) Laia Ateca (Sirat) e Sonia Prol (O Home Perfecto).
Televisión
Centrándonos na televisión, as candidatas á Mellor Serie son Bibopalula, O Home Perfecto, Punto Nemo e Weiss e Morales. En canto á categoría de Mellor Programa cólase o gañador da pasada edición dos Mestre Mateo, Cos pés na Terra, da Televisión de Galicia (TVG), con Diego Guerrero, Marcos Estebo e Breixo Llano como finalistas á Mellor Realización. Acompáñano Cinephilia, emitido por Telemiño e tamén finalista con Simone Saibene ao Mellor Comunicador e Mellor Realización. Asimesmo, convén destacar O videoclub, con Miguel Canalejo, que se atopa entre os finalistas ao Mellor Comunicador, e Raíña-me, con Miguel Gomar, que se atopa nominada ao Premio á Mellor Realización.

Rodaxe de 'Punto Nemo' en Santiago / Roi Prieto
Marcos Nine (Historias de Aquí) completa as nominacións á Mellor Realización, mentres que Lucía Veiga (Aquí Galicia Fest) e Xosé Ramón Gayoso (Luar) optan ao Premio de Mellor Comunicador. No que a series web se refire, as finalistas son Alucinema, Bechos, Contando los días e Pipo.
Asimesmo, 360 Curvas, Ao son da nova regueifa, Deuses de pedra e O silencio herdado competirán na categoría de Mellor Documental. Ao Noroeste Do Oeste, Gadis. Compartimos la vida, Hematofesti 2025 - Festival de Humor e Literatura Infantil e Historia que nos impulsa farán o propio na categoría de Mellor Anuncio Publicitario.
Música e son
Tamén destacan na categoría de Mellor Música Orixinal Kangding Ray (Sirat), Santi Jul e Iván Laxe (Bibopalula), Sofía Oriana (Antes de nós) e Xavier Bértolo (As liñas descontinuas).

Unha escena do filme 'Sirat' / E.P.
No caso de Mellor Son competirán Amanda Villavieja (Sirat); Elsa Ferreira, Pedro Góis, Daniel Fernández e Toni Penido (San Simón); Toni Penido, David Machado e Javier Pato (Antes de nós); e Xavier Souto, David Machado e Javier Pato (As liñas descontinuas).
Por último, as candidatas a Mellor Videoclip son Ferido, de O Xoán; Hibernarse, de Fillas de Cassandra; Non cho podo dar, de Sabela e María Escarmiento; e Ontes fun moi malo, de Grande Amore.
- ¿Qué se sabe de la borrasca Leonardo y como será su impacto en Galicia en las próximas horas?
- La borrasca Marta llega a Galicia para golpearla con más nieve, viento y un mar embravecido
- Nieve, tormentas y lluvias torrenciales: la borrasca Marta ya se acerca a Galicia mientras continúa el azote de Leonardo
- La queja de un diputado de Lalín por el pulpo a la gallega del Parlamento Europeo: 'Es como llamarle gaita a una vuvuzela
- Rescatados después de tres horas los pasajeros de un AVE Santiago–Madrid averiado en medio de un monte cerca de Ourense
- Cada hora se compran tres viviendas en Galicia y una de ellas se paga a tocateja
- Galicia comienza la semana con lluvias: ¿Cómo evolucionará el tiempo en los próximos días?
- La borrasca Leonardo deja incidencias en Compostela y más de 50 litros de lluvia en varias localidades gallegas