Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Lalín será a capital da gastronomía pola 58ª Feira do Cocido

O día grande chegará este domingo, aínda que a programación exténdese durante meses

Presentación da Feira do Cocido de Lalín en Santiago

Presentación da Feira do Cocido de Lalín en Santiago / ECG

Lalín

pero que fixo do porco un símbolo da súa identidade. Tal é así que dende 1969 celebra a súa cita gastronómica máis especial, a Feira do Cocido de Llín, cuxa expectación a sitúa como unha das celebracións máis destacadas de Galicia. De feito, como adiantou o alcalde lalinense, José Crespo, na presentación da feira, xa se está traballando para conseguir que esta receita sexa recoñecida como patrimonio cultural inmaterial. En canto as actividades que están por vir esta fin de semana, este sábado pola mañá abrirase a carpa do cocido no Campo da Feira. Un espazo de exposición, promoción e venda de gastronomía, artesanía e produtos con selo galego, onde os visitantes poderán mercar os ingredientes que fan un manxar deste prato de referencia do inverno, con lacón, orella, costela, chourizo, cachelos grelos e repolo.

Pola tarde, a sala Tuno Valdés do Auditorio Municipal acollerá o Concerto do Cocido, a cargo da Banda de Lalín, dirixida por Isabel Rubio. De tres a seis carrozas Xo o domingo 8, a xornada máis esperada, a Charanga Verbeneros animará o ambiente e terá lugar o pregón de Diego González Rivas, cirurxián galego de prestixio mundial. O prato forte chegará ás 13.00 horas, cando é previsto que comece o desfile da Feira do Cocido, que este ano duplicará o número de carrozas etnográficas locais participantes, que pasarán de tres a seis. Contarase coa participación de das carrozas da asociación veciñal de Sello, a da agrupación de veciños de veciños da Xesta, a do grupo de baile A Carballeira de Cercio, a do colectivo veciñal San Bartolomé de Botos, a da Banda de Vilatuxe e a de Carbaleiros de Lalín.

Asemade, acompañarán o desfile os ritmos das agrupacións de música tradicionais locais Carballo de Manteiga e Os Dezas de Moneixas. Pasearán tamén polas rúas o alumnado de Scene Ballet e míticas personaxes coma os Cabezudo de Laxeiro e Don Cocho que sacarán as risas do público. Lalaina, unha porca de 370 quilogramos tampouco se perderá o percorrido da man do seu dono. A posteriori, as charangas KM. Cero sacará a bailar aos visitantes polas rúas e a charanga Ardores e a orquestra Tequila farán vibrar a Praza da Igrexa. O domingo tamén contará coa presenza da Food truck: O sabor das Rías Baixas, que dará de comer aos festeiros as máis exquisitas delicias da súa gastronomía.

FEIRA DO COCIDO DE LALIN 2026

FEIRA DO COCIDO DE LALIN 2026

FEIRA DO COCIDO DE LALIN 2026

Aínda que as previsións meteorolóxicas anticipan un día chuvioso, esperase poder manter a programación prevista. Aínda que o día grande en Lalín é o domingo 8, non é o único día no que gozar dun bo cocido galego, xa que desde o pasado 15 de xaneiro e ata o 15 de febreiro, esta receita pódese degustar ata en 26 restaurantes da localidade polo Mes do Cocido.

Tracking Pixel Contents