Morre o escritor e académico Xesús Alonso Montero aos 97 anos
O filólogo, historiador e catedrático finou este xoves en Vigo
Foi presidente da Real Academia Galega entre 2013 e 2017

Xesús Alonso Montero na homenaxe que lle fixeron no IES Santa Irene o pasado mes de outubro / Alba Villar
Víctor P. Currás
O mundo da cultura e as letras galegas está de loito. O escritor, ensaísta, filólogo, historiador e académico Xesús Alonso Montero (Vigo, 28 de novembro do 1928) faleceu este xoves na mesma cidade onde naceu hai 97 anos. O tamén profesor exerceu como presidente da Real Academia Galega entre 2013 e 2017, sucedendo ao tamén vigués Xosé Luís Méndez Ferrín.
Hai dous anos foi elixido como Vigués Distinguido, sendo calificado por Abel Caballero como unha «figura clave e impescindible na historia de Galicia e a súa cultura». O alcalde da cidade tamén valorou que foi un «home sabio comprometido cos valores do progresismo», relatou. Hai agora un ano Montero fixo unha doazón do seu arquivo documental á Fundación Penzol. Estes traballos recollían os seus artigos, escritos e pensamentos entre 2004 e 2020
O pasado 17 de outubro recibiu unha homenaxe no IES Álvaro Cunqueiro -antigo Coia 4- da cidade onde tivo a súa praza como profesor de Lingua e Literatura nos anos 80. «Sempre fun un profesor peculiar dende que entrei non sistema», confesaba Montero nesta viaxe aos seus inicios na docencia. «Encontreime sobre todo que non sabía ser profesor; unha cousa é explicar e outra saber dirixirse aos alumnos», contaba o historiador.
Entre os galardóns do mundo editorial acadados durante a súa prolífica carreira destacan Premio Otero Pedraio (1989), Pedrón de Ouro, (1992), Premio Trasalba, Premio Antón Losada Diéguez de investigación, Premio da Cultura Galega (2019) e o Premio Laxeiro (2022). Alonso Montero destacou tamén fóra da literatura, acadando o Premio Galicia de Xornalismo (1986 e 1990), o Premio Nacional de Xornalismo Julio Camba (1988) entre outros. Foi nomeado Doutor Honoris Causa pola UNED, Fillo Predilecto de Ribadavia e Medalla de Ouro do Liceo ourensán.
NOTICIA EN AMPLIACIÓN
- Sirat', del gallego Óliver Laxe, suma un premio clave en su camino a los Premios Oscar 2026
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- Muere Antón Louro, figura clave del PSdeG en la llegada de Touriño al poder
- Galicia gestionará más de 31.000 solicitudes de agricultores y ganaderos en la PAC, superando los 220 millones
- Médicos de hospitales gallegos dejarán de hacer peonadas ante la «negativa» de la Xunta a negociar el fin de la huelga
- Galicia en el ‘Grand Prix’ de TVE: estos son los pueblos gallegos que aspiran a participar este verano
- Galicia regresa a Netflix: primeras escenas de Luis Zahera en 'Clanes' junto al compostelano Tamar Novas