Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Lugo acolle a gran festa do audiovisual galego coa entrega dos Mestre Mateo

Os filmes ‘Antes de nós’, ‘As liñas descontinuas’ e ‘Sirat’ acoden á gala deste sábado, que estará presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, como grandes favoritas

O evento poderá seguirse a partir das 22.00 horas na TVG

Un momento da gala dos Premios Mestre Mateo celebrados o pasado ano no Lalín Arena.

Un momento da gala dos Premios Mestre Mateo celebrados o pasado ano no Lalín Arena. / Bernabé

Santiago

Todo preparado en Lugo para a celebración da gran festa do audiovisual galego, os Premios Mestre Mateo, que este sábado celebran a súa XXIV edición no Auditorio Fuxan os Ventos da cidade amurallada.

A gala, que estará presentada pola actriz Trisha Fernández e o cómico Federico Pérez, poderá seguirse en directo, a partir das 22.00 horas, na canle principal da Televisión de Galicia (TVG).

As tres grandes favoritas dos Premios Mestre Mateo 2026

A ela, acoden como grandes favoritas os filmes Antes de nós, As liñas descontinuas e Sirat, que vén de vacio dos Premios Oscar. As tres loitarán por facerse co Premio Mestre Mateo á Mellor Longametraxe, un galardón ao que tamén está nominado o filme San Simón, de Miguel Ángel Delgado.

A película arredor da figura de Castelao antes de ser Castelao, Antes de nós, conta con ata 18 candidaturas. Un filme que, ademais da xa mencionada nominación á Mellor Longametraxe, tamén aspira a obter os galardóns de Mellor Dirección (Ángeles Huerta) ou Mellor Guión (Pepe Coira).

Sen embargo, onde máis destaca o filme de Ángeles Huerta é no apartado de interpretación, colocando ata sete dos seus intérpretes entre os finalistas: Adrián Ríos, Miquel Ínsua, Nancho Novo, Luisa Merelas e Victoria Teijeiro en papeis de reparto e Cris Iglesias e Xoán Fórneas nos papeis protagonistas.

No tocante ás categorías de interpretación, as nominacións, tanto nas categorías masculina coma feminina, complétanas Tatán (San Simón), Desiré Pillado (O Home Perfecto) e Isabel Naveira (Lume) en papeis de reparto; e Alba Flores (Punto Nemo), Lucía Veiga (Mi ilustrísimo amigo), Mara Sánchez (As liñas descontinuas), Flako Estévez (San Simón), Adam Prieto (As liñas descontinuas) e Luis Tosar (Golpes) nos papeis protagonistas.

El director gallego Oliver Laxe, más cerca de los Oscar con 'Sirat' tras alzarse con el premio más importante del Festival de Cine de Chicago

Óliver Laxe, durante as rodaxes de 'Sirat'. / VICTOR BOYKO / POOL

Pola súa banda, tanto Sirat como As liñas descontinuas, as outras dúas grandes favoritas, contan ambas con once candidaturas, entre as que destacan as nominacións á Mellor Dirección para Óliver Laxe e Anxos Fazáns respectivamente. Un apartado que completa a nominación de Lucía Estévez por Weiss e Morales.

Anxos Fazáns, durante as rodaxes de 'As liñas descontinuas'.

Anxos Fazáns, durante as rodaxes de 'As liñas descontinuas'. / Cedida

Mellor dirección de arte, fotografía e produción

No apartado de Mellor Dirección de Produción competirán Analía G. Alonso e Aleix Castellón (San Simón), Lucía Caramelo (Antes de nós), Oriol Maymó (Sirat), ademais de Nati Juncal e Silvia Fuentes (As liñas descontinuas).

En canto á Mellor Dirección de Fotografía, os nominados son Jaime Pérez AEC (Weiss e Morales), Lucía C. Pan AEC (Antes de nós), Mauro Herce (Sirat) e Sandra Roca (As liñas descontinuas).

As propostas finalistas á Mellor Vestiario son Aránzazu Domínguez por Antes de nós, Fede Pouso por Mi ilustrísimo amigo, Nadia Acimi por Sirat e Uxía Vaello por San Simón. Pola súa banda, Chicha Blanco e Lorena Calvo (Antes de nós), Fani Mosqueira (O Home Perfecto), Sonia García (As liñas descontinuas), Sonia García e Silvia Neira (San Simón) e Zaira Eva Adén (Sirat) son as nominadas á Mellor Maquillaxe e Perruquería.

En Mellor Montaxe, os candidatos son Cristóbal Fernández (Sirat), Diana Toucedo e Laura Piñeiro (As liñas descontinuas), Gaspar Broullón e Lu Rodríguez (Weiss e Morales) e Lucía Iglesias Fuentes (Antes de nós).

No que respecta ás curtametraxes, foron seleccionadas como finalistas un total de oito: catro de imaxe real e catro de animación. Abellón, Adeus, Berta, Algo novo que contar e Curmán competirán polo premio que as acredite como Mellor Curtametraxe de Imaxe Real; mentres que Lucus, Nuno, O corpo de Cristo e O mesmo competirán polo Mestre Mateo á Mellor Curtametraxe de Animación.

En canto ás nominacións á Mellor Dirección de Arte, os candidatos son Elia Robles (Antes de nós), Inés R. Sacristán (San Simón) Laia Ateca (Sirat) e Sonia Prol (O Home Perfecto).

Rodaje de 'Punto Nemo' en Santiago

Rodaxe de 'Punto Nemo' en Santiago. / Roi Prieto / Prime Video

Televisión

Centrándonos xa na televisión, as candidatas á Mellor Serie son Bibopalula, O Home Perfecto, Punto Nemo e Weiss e Morales. En canto á categoría de Mellor Programa cólase o gañador da pasada edición dos Mestre Mateo, Cos pés na Terra, da Televisión de Galicia (TVG), con Diego Guerrero, Marcos Estebo e Breixo Llano como finalistas á Mellor Realización. Acompáñano Cinephilia, emitido por Telemiño e tamén finalista con Simone Saibene ao Mellor Comunicador e Mellor Realización. Asimesmo, convén destacar O videoclub, con Miguel Canalejo, que se atopa entre os finalistas ao Mellor Comunicador, e Raíña-me, con Miguel Gomar, que se atopa nominada ao Premio á Mellor Realización.

Marcos Nine (Historias de Aquí) completa as nominacións á Mellor Realización, mentres que Lucía Veiga (Aquí Galicia Fest) e Xosé Ramón Gayoso (Luar) optan ao Premio de Mellor Comunicador. No que a series web se refire, as finalistas son Alucinema, Bechos, Contando los días e Pipo.

Asimesmo, 360 Curvas, Ao son da nova regueifa, Deuses de pedra e O silencio herdado competirán na categoría de Mellor Documental. Ao Noroeste Do Oeste, Gadis. Compartimos la vida, Hematofesti 2025 - Festival de Humor e Literatura Infantil e Historia que nos impulsa farán o propio na categoría de Mellor Anuncio Publicitario.

Música e son

Tamén destacan na categoría de Mellor Música Orixinal Kangding Ray (Sirat), Santi Jul e Iván Laxe (Bibopalula), Sofía Oriana (Antes de nós) e Xavier Bértolo (As liñas descontinuas).

No caso de Mellor Son competirán Amanda Villavieja (Sirat); Elsa Ferreira, Pedro Góis, Daniel Fernández e Toni Penido (San Simón); Toni Penido, David Machado e Javier Pato (Antes de nós); e Xavier Souto, David Machado e Javier Pato (As liñas descontinuas).

Por último, as candidatas á Mellor Videoclip son Ferido, de O Xoán; Hibernarse, de Fillas de Cassandra; Non cho podo dar, de Sabela e María Escarmiento; e Ontes fun moi malo, de Grande Amore.

Tracking Pixel Contents