Autocaravanismo, un turismo en expansión que gaña espazo na Coruña
Regueira subliña a importancia de «dotar dos servizos necesarios» esta forma de viaxar

Pola dereita, Xosé Regueira, María del Mar García, Blas García e Cesáreo González, con ediles da corporación e autocaravanistas na inauguración da nova área de autocaravanas de Bertamiráns.
A Deputación da Coruña reforza a súa aposta por un modelo turístico en expansión, vencellado á mobilidade, á sostibilidade e ao contacto coa contorna, coa posta en marcha de novas infraestruturas na provincia. Unha das últimas actuacións do Goberno provincial neste senso foi a creación da nova área de autocaravanas de Bertamiráns, no concello de Ames.
Este parque situado na avenida José Luis Azcárraga, no lugar das Pateiras e a escasos metros do Pazo da Peregrina, contou cun investimento total de 68.400 euros, dos que a Deputación da Coruña financiou o 80 %, cunha achega próxima aos 55.000 euros. O Concello de Ames completou o financiamento desta actuación, que supón un novo paso na dotación de servizos específicos para un sector en crecemento.
A infraestrutura, inaugurada a mediados de marzo, consolida o apoio institucional a un tipo de viaxe cada vez máis presente na provincia, favorecido polas condicións do territorio para gozar de experiencias tranquilas, culturais e respectuosas coa paisaxe, especialmente co bo tempo.
Durante o acto inaugural, que reuniu arredor de 100 autocaravanas e máis de 200 autocaravanistas nunha concentración organizada pola Asociación Galega de Autocaravanas (AGA), o vicepresidente da Deputación e responsable de Turismo, Xosé Regueira, puxo o foco na necesidade de acompañar desde as administracións públicas a evolución deste tipo de turismo. «As autocaravanas non son un problema; ao contrario, as administracións públicas temos un déficit con este colectivo e debemos dotar este tipo de turismo dos servizos necesarios», afirmou. Regueira incidiu ademais en que se trata dun turismo «tranquilo, cultural e respectuoso coa paisaxe».
O responsable provincial subliñou tamén o alcance territorial da nova infraestrutura, máis alá do propio municipio. «Non é só unha boa noticia para Bertamiráns e para Ames; é unha boa noticia para a provincia da Coruña», sinalou, destacando o papel do autocaravanismo como oportunidade para dinamizar a economía local e distribuír os fluxos turísticos por diferentes puntos do territorio.
A nova área de Bertamiráns nace precisamente para dar resposta a esa demanda de servizos. O recinto conta con dezaseis prazas de estacionamento, unha delas adaptada para persoas con mobilidade reducida, e está equipado con instalacións para a recollida de augas fecais, subministración de auga potable, enchido de depósitos, baleirado de augas grises e negras e iluminación pública. Trátase dunha dotación pensada para facilitar a estadía dos usuarios e mellorar a convivencia deste turismo con outros formatos de visita.

ESPECIAL SEMANA SANTA 2026
ESPECIAL SEMANA SANTA 2026Desde o Concello de Ames, o alcalde Blas García reivindicou o valor deste turismo itinerante como ferramenta para descubrir o territorio. «Cremos que hoxe en día as autocaravanas son unha maneira moi bonita e positiva de saír, viaxar e coñecer lugares», destacou, en liña coa estratexia municipal de atraer visitantes e dar a coñecer Ames.n
- Encuentran el cadáver de un hombre amarrado a una escalinata del puerto de Ribeira
- La pastelería con los cruasanes más famosos de Santiago: 'Los estudiantes vienen a buscarlos a las 4 de la mañana
- Lavacolla, en caída libre: el aeropuerto pierde cerca de un tercio de su tráfico y 2.000 viajeros diarios
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Conxo finalmente tendrá fiesta el próximo fin de semana: 'Hemos pasado mucho trabajo como para tener que cancelarla
- La grabación y difusión de clases estará prohibida por ley para toda la comunidad educativa en Galicia
- El Cristo de la Paciencia regresa a Conxo y pone el broche final a la Semana Santa compostelana