Semana Santa
Fe, tradición e memoria colectiva en Viveiro
La Semana Santa de Viveiro, declarada de Interés Turístico Internacional, transforma las calles en un escenario de fe, tradición y belleza, con procesiones y exposiciones que movilizan a miles de personas

Procesión da Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén en Viveiro no 2023 / CEDIDA
A Semana Santa de Viveiro é unha das grandes celebracións relixiosas e culturais de Galicia. Nunha cidade de pouco máis de 15.000 habitantes, este agardada Semana Santa de Viveiro, declarada Festa de Interese Turístico Internacional, mobiliza cada ano milleiros de persoas e transforma durante varios días as rúas do casco histórico nun escenario de fe, tradición e beleza. Destacan as súas impoñentes procesións, froito do arduo traballo das confrarías, e as diferentes exposicións que impulsan para a ocasión.
O calendario arrinca coa Procesión da Virxe das Dores, o Venres de Dores, e continúa o Sábado de Paixón co pregón no Teatro Pastor Díaz, que actúa como pórtico emocional de toda a semana. O Domingo de Ramos enche as rúas de simbolismo popular coa bendición dos ramos e as procesións da Borriquita e do Ecce Homo «dos franceses», unha xornada luminosa que abre oficialmente a celebración por todo o alto.
A partir de aí, a intensidade non deixa de medrar. O Luns Santo resoa coa tamborrada das bandas da Semana Santa, mentres que o Martes e o Mércores Santo quedan marcados polos viacrucis das Mulleres e dos Homes, dúas citas de forte carga espiritual. Porén, é o Xoves Santo cando Viveiro entra de cheo nas súas horas máis solemnes, coa celebración da Cea do Señor, o lavatorio dos pés e as procesións da Última Cea, o Prendemento e a Penitencial da Redención. Nelas percíbese xa a fusión entre relixiosidade, disciplina procesional e patrimonio artístico que distingue esta Semana Santa.
O Venres Santo concentra algúns dos momentos máis esperados e conmovedores. O Encontro, o Sermón das Sete Palabras, a Acción Litúrxica da Morte do Señor e o Desencravo conforman unha secuencia de enorme dramatismo que desemboca nas procesións do Santo Enterro, da Paixón e dos Caladiños. Especialmente multitudinaria resulta a procesión da Paixón, na noite do Venres Santo, con máis de 1.200 participantes entre portadores, irmáns de fila, músicos e presidencias. É, sen dúbida, unha das estampas máis impresionantes de toda a Semana Santa viveirense.
A emoción non remata aí. O Sábado Santo, a Vixilia Pascual e a Procesión da Esperanza da Resurrección anuncian o cambio de ton, o paso do dó á esperanza. E o Domingo de Resurrección culmina a celebración coas procesións do Encontro da Resurrección e do Vía Lucis, onde a alegría pascual substitúe o recollemento dos días anteriores.

ESPECIAL SEMANA SANTA 2026
ESPECIAL SEMANA SANTA 2026Ademais das procesións e dos cultos, Viveiro converte toda a cidade nun grande espazo cultural e expositivo. Durante a Semana Maior, a explanada da ábsida de San Francisco acolle a Antesala dun Museo, onde poden contemplarse imaxes da Paixón, da Esperanza da Resurrección e do Vía Lucis, xunto con fotografías, estandartes, traxes e pezas de ourivaría. A isto súmanse as exposicións ao aire libre, como Imaxes de Imaxes, con grandes fotografías lucindo nas fachadas do casco histórico, ou Os nosos rostros, dedicada ás bandas de tambores e ás cuadrillas de portadores. Completan a variada programación o Concurso de Carteis e o programa cultural Adral, con conferencias, concertos, cinema e exposicións. n
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- Crujeiras refuerza la USC con tres delegaciones clave: Internacionalización, Salud y Estrategia Digital
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias