ESPECIAL CAMPAMENTOS DE VERÁN 2026
Ría de Arosa 2: Respirar fondo e gozar en familia
O complexo de Balteiro-Oleiros, en Ribeira, combina natureza, piscina, bungalows, zona de acampada, restauración e actividades variadas

O faro de Corrubedo é un dos enclaves máis visitados en Ribeira. | CEDIDA
ECG
Baixar o ritmo, apagar o ruído e volver ao esencial: natureza, aire libre, xogos, piscina e tempo compartido en familia. Esa é a proposta de Camping Ría de Arosa 2, un camping rural situado en Santa Uxía de Ribeira, na zona de Balteiro-Oleiros, pensado para quen busca unhas vacacións cómodas, activas e rodeadas de natureza.
Baixo o lema “respira fondo”, o camping convida a gozar dunha estancia na que non é preciso saír das instalacións para atopar plans. A súa oferta combina bungalows, zona de acampada, piscina, restaurante, supermercado e diferentes espazos de lecer para que pequenos e maiores poidan vivir as vacacións ao seu ritmo.
Natureza, deporte e lecer
Para as familias, Camping Ría de Arosa 2 reúne moitos deses ingredientes que converten uns días de descanso nun recordo: parque infantil, camas elásticas, tren infantil, piscina de chapoteo, animación e zonas pensadas para que os nenos e nenas se divirtan con seguridade mentres os adultos descansan.
A proposta complétase con actividades para quen quere moverse e descubrir a contorna: excursións cicloturísticas, rutas marítimas, sendeirismo, trekking, tenis, tiro con arco, cancha multiusos, mesas de ping-pong e cuadriciclos. Unha combinación de natureza, deporte e lecer que converte o camping nunha opción especialmente atractiva para familias que buscan algo máis ca aloxamento.
O recinto conta ademais con servizos prácticos como wifi gratuíto, asistencia sanitaria, bar-restaurante e supermercado, o que facilita unha estancia cómoda sen renunciar ao espírito das vacacións ao aire libre.

ESPECIAL CAMPAMENTOS DE VERÁN 2026
ESPECIAL CAMPAMENTOS DE VERÁN 2026Camping Ría de Arosa 2 preséntase así como unha alternativa para vivir uns días sen présas, en contacto coa natureza e con propostas para todas as idades. Un lugar para respirar fondo, desconectar e deixar que os nenos —e tamén os adultos— volvan gozar coma nenos.
- Las granjas grandes crecen imparables en Galicia: ordeñar más de 500 vacas ya no es una excepción
- Galicia afronta un nuevo episodio de calor extremo: la Xunta activa la alerta roja por temperaturas de hasta 38 grados
- Detectives contra los talleres mecánicos ilegales en Galicia: las largas esperas abren mercado al negocio clandestino
- Avistan ballenas, delfines y orcas en la costa gallega e identifican a la abuela Toñi, disparada hace semanas
- Feijóo quiere la fábrica china de Ferrol, pero no el modelo de financiación autonómica de Sánchez
- La historia de cuatro profesores que llegan con plaza a las aulas gallegas: 'As ganas superan o medo
- «Non damos feito»: por qué los talleres están colapsados en Galicia y las esperas pueden llegar a meses
- Contra el abandono del monte, cachenas: «Gestionan la vegetación para evitar que el incendio sea tan virulento»