Plan xeral de normalización da lingua galega
O BNG tacha de "propaganda" o Pacto pola lingua e o PSdeG critica que “non vai combater a lenta morte do galego”
A Mesa pola Normalización Lingüística considera que "a proposta da Xunta é inferior ao xa aprobado por unanimidade no 2004"

Longueira e Pontón, respectivamente, en dúas fotos de archivo / ECG

O Executivo galego presentou este mércores a súa proposta para a actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega, un documento que conta con máis de 700 medidas dirixidas "a todos os sectores". As reaccións a esta nova folla de ruta, que agora deberá negociarse co resto de grupos políticos, non se fixeron esperar. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, sinalou, mesmo antes de que rematase o acto, que “Rueda mantén o decreto da vergoña e confírmase como o presidente do 'non ao galego'".
“Non estamos ante ningún pacto pola lingua, senón ante un acto de propaganda co que Rueda intenta tapar 17 anos de políticas contra o galego", sinalou a líder nacionalista. Así mesmo, lembrou que o presidente da Xunta "encabezou a infame manifestación en contra do galego" da organización Galicia Bilingüe e "aplaudiu o veto do PP para evitar que se use o galego no Congreso", entre outras cousas. O BNG convocou para este xoves unha rolda de prensa na que expoñerán de xeito máis concreto as súas reivindicacións.
Pola súa banda, a portavoz de lingua e cultura do Grupo Socialista, Silvia Longueira, denunciou nun comunicado o “intento” por parte da Xunta e do Partido Popular de usar “como tapadeira” das súas políticas unha actualización do plan xeral de normalización “que non vai combater a lenta morte da lingua”. Deste xeito, cualificou de “impresentable” que se organizase ese evento sen ter acordado antes ningunha conclusión cos grupos políticos.
Tamén se pronunciou acerca desta cuestión o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, quen indicou que "a proposta da Xunta é inferior ao xa aprobado por unanimidade no PXNLG de 2004". "O documento presentado insiste na deserción por parte da Xunta das súas obrigas e responsabilidade e non enfronta a emerxencia lingüística", denunciou Maceira, que puntualizou que, "en ámbitos como o ensino, a Xunta mantén como elemento fundamental os límites á docencia en galego e nin menciona rectificar as normas contra o galego aprobadas nesta mesma lexislatura".
- La maldición de las nubes en la costa de Lugo: 'Aquí tenemos el eclipse más largo porque ya empezó a las 8 de la mañana
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- Augusto Pérez Alberti, el catedrático jubilado de la USC que a los 78 años defendió su segunda tesis doctoral para seguir aprendiendo: 'Investigar es mi hobby
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una gallega que se hizo pasar por médico en Lugo y A Coruña
- Laureano Oubiña estalla tras el veto de la Xunta a su ruta del narcotráfico: 'Quieren que vuelva a las andadas
- Aemet despeja la gran duda del eclipse en Galicia: casi todo el cielo estará despejado salvo en una zona
- El PP pide al Gobierno que rectifique su decisión de excluir a Galicia del plan estatal de ancho de vía internacional
- Fueron a Montalvo por el eclipse y el mar les regaló otro espectáculo: 'Fue una noche que vamos a recordar siempre