Estas son as medidas que a Xunta propón para actualizar o Plan xeral de normalización do galego
O Executivo contempla a creación dun Servizo de Normalización Lingüística propio dentro do Sergas ou que se poidan levar os procesos xudiciais en galego

López Campos xunto a parte das autoridades asistentes ao acto / Xoán Álvarez

A Xunta presentou este mércores a súa proposta para a actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega nun multitudinario acto na Cidade da Cultura. A folla de ruta, que agora debe debaterse entre as formacións políticas, consta de 700 medidas concretas, construidas a partir de 11 comisións sectoriais e máis de 1.300 achegas cidadáns. Estas son alguhnas das cuestións clave que recolle o documento:
EDUCACIÓN. A educación é o ámbito máis polémico. O conselleiro abriu a porta a negociar o uso do galego neste ámbito sempre que "sexa por unanimidade e se respecte o equilibrio lingüístico". Máis alá, propón unha medida simbólica, a de recuperar o nome dos equipos de normalización lingüística dos centros, rebautizados tralo decreto de 2010 como de dinamización, e facilitar o seu uso nos centros de titularidade privada.
Tamén propón incentivos polo uso do galego na docencia universitaria ou o reforzo do galego en actividades extraescolares, recreos ou campamentos de verán co galego como lingua principal. Tamén busca reforzar os cursos CELGA para aqueles que queren aprender galego.
SANIDADE. Unhas das medidas destacadas polo propio López Campos foi a creación dun Servizo de Normalización Lingüística propio dentro do Sergas, así como un xestor lingüístico en cada área sanitaria. Tamén figura entre as propostas a posta en marcha do programa 'Consulta en galego' en atención primaria, que proporcionaría información ao paciente sobre que profesionais atenden en galego. Na sanidade privada crearase o selo “centro sanitario lingüísticamente responsable”.
ADMINISTRACIÓN. A Xunta comprométese a ditar instrucións para o fomento do uso da lingua en todas as súas instancias. Deste xeito, non será só a lingua da publicidade institucional, senón que tamén se promoverá a súa presencia nos servizos e nos contratos que conten con financiación autonómica. Así mesmo, o conselleiro destacou que unha das cuestións a estudiar é que na xustiza, "por primiera vez na historia", poida levarse a cabo todo o proceso en galego a través da aplicación de xestión procesal Atenea.
ECONOMÍA. No ámbito da empresa contémplanse incentivos para aquelas que empreguen o galego na súa comunicación interna e externa, algo que sería recoñecido cun selo de garantía lingüística. Tamén se propón a creación dun directorio público das compañías que usen o galego, e o compromiso lingüístico poderá contemplarse como mérito en subvencións, contratos e créditos públicos.
DEPORTE. Entre as propostas está establecer un acordo conxunto cos grandes clubs deportivos co obxectivo de incorporar a lingua galega ás súas comunicacións, e que respecten a toponimia galega, de xeito que "poidan ser exemplo no mundo deportivo". Tamén prestar os servizos de asesoramento lingüístico necesarios para facilitar que o galego estea presente en eventos de calquera modalidade deportiva .
TECNOLOXÍA. Apoiar proxectos e contidos dixitais en galego e crear un portal no que se lles dea visibilidade aos contidos en galego, é unha das prioridades do Goberno neste ámbito. Así mesmo, a Intelixencia Artificial gaña terreo e o Executivo plantea axudas para o desenvolvemento de ferramentas de IA en galego no ámbito empresarial, así como a creación dun DataHub galego ou repositorio Público de Datos Multimodais para IA.
TRANSMISIÓN PATRIMONIAL. Propónse a creación de observatorios familiares e xuvenís da lingua dentro do Consello Asesor, para monitorizar la ruptura da transmisión xeneracional, así como o desenvolvemento de series de ficción xuvenil na TVG ou unha app oficial de ocio en galego con mapas de eventos.
- Laureano Oubiña se convierte en guía turístico: así será su Ruta por el Narcotráfico gallego
- Un centro comercial gallego, el primero de España en lograr una certificación internacional por su gestión de los riesgos
- La política gallega, 'cerrada por vacaciones': de la ruta en moto por Portugal de Rueda a los días de Pontón en A Illa de Arousa y de Besteiro en A Mariña
- Augusto Pérez Alberti, el catedrático jubilado de la USC que a los 78 años defendió su segunda tesis doctoral para seguir aprendiendo: 'Investigar es mi hobby
- Galicia dice adiós al calor extremo: este será el brusco giro del tiempo desde el lunes
- Hallan sin vida a la joven de 24 años desaparecida en Lugo tras 10 días de búsqueda
- De capitán de pesca a vender carne de Rubia Gallega por toda España sin intermediarios: así es Gandería Os Bravos
- El mundo elige a sus siete maravillas contemporáneas: ¿Cuáles serían las mejores candidatas de Galicia?