ESPECIAL DÍA DE GALICIA 2026
Nós, ao noso

Nós, ao noso
Alfonso Rueda Valenzuela
Hai xa máis de 100 anos, e con diferentes denominacións, cada 25 de xullo celébrase o Día de Galicia, festividade reivindicativa, nos seus inicios, e de exaltación e reafirmación da nosa identidade, máis recentemente.

SUPLEMENTO ESPECIAL DÍA DE GALICIA 2026
SUPLEMENTO ESPECIAL DÍA DE GALICIA 2026As arelas de autonomía política e de recuperación dos sinais de identidade que nos singularizan -lingua, cultura,...- latexaban intensamente no corazón dos galeguistas que principiaron a celebración do Día de Galicia no primeiro cuarto do século pasado.
Décadas despois, coa chegada e consolidación da democracia, aquelas aspiracións convertéronse en realidade, con resultados reais que redundan en beneficio de todas as galegas e galegos. Galicia perdeu trens de máis ao longo da historia. Se o conxunto de España se incorporou con retraso á revolución industrial, Galicia fíxoo aínda máis tarde.
A democracia e a autonomía fixeron posible que Galicia superase definitivamente o atraso secular que arrastraba. Coa autonomía dotámonos de institucións sólidas desde as que administrar os nosos recursos, decidir o noso futuro e reverter radicalmente as dinámicas negativas dun pasado onde as dificultades tomaban con frecuencia o rumbo da emigración. A América primeiro; a Europa e outros puntos da Península, despois.
Da man do autogoberno, a Galicia dos nosos días conta con algún dos mellores hospitais públicos de Europa nun territorio onde hai medio século operaban aínda menciñeiros e compoñedores; as corredoiras deron paso ás redes de datos; e as escolas unitarias abriron a porta a unha educación pública de calidade, que prima o esforzo individual do alumnado a través de iniciativas como a matrícula universitaria gratuíta, converténdonos en pioneiros absolutos neste ámbito. Pasamos de exportar man de obra, a reter e captar talento, tamén persoal cualificado entre os descendentes dos galegos que outrora emigraron na procura de oportunidades.
Son só algúns exemplos da Galicia contemporánea que aspira a liderar o futuro desde a excelencia: con formación de calidade e con equipamentos punteiros, cunha aposta pola ciencia que nos sitúa á vangarda da Península.
Ciencia e tecnoloxía, capital humano formado, pero tamén recursos naturais abundantes e renovables, unha localización xeográfica privilexiada para o tráfico marítimo de mercadorías, e mesmo unha meteoroloxía benigna, constitúen os alicerces sobre os que Galicia constrúe o seu futuro. Nuns casos con proxectos concretos que xa comezan a tomar forma; noutros con proposta sólidas que o farán en breve. Sempre desde o traballo honesto, o escrupuloso respecto a á lei e a man tendida a cantos podan aportar o seu grao de area.
Temos recursos, certo; pero cómpre tamén unha predisposición individual e colectiva para superar a «tentación do non». Porque competir no mundo esixe mentes abertas e actitudes proactivas, sempre co obxectivo de construír o futuro en positivo, pensando no mellor para Galicia e para os galegos.
Nun mundo polarizado en exceso, Galicia demostra, con feitos, que se pode gobernar desde a mesura e con sentido común. Nós, ao noso.
E o noso é ocuparnos dos asuntos que preocupan aos galegos, tamén de apostar pola nosa lingua e a nosa cultura, principais sinais e identidade de Galicia e protagonistas dun verdadeiro rexurdimento que toma forma a través de manifestacións artísticas, literarias e intelectuais. Sempre desde o convencemento, xamais desde a imposición. Desde a moderación que caracteriza ao noso pobo. n
- La maldición de las nubes en la costa de Lugo: 'Aquí tenemos el eclipse más largo porque ya empezó a las 8 de la mañana
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- Augusto Pérez Alberti, el catedrático jubilado de la USC que a los 78 años defendió su segunda tesis doctoral para seguir aprendiendo: 'Investigar es mi hobby
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una gallega que se hizo pasar por médico en Lugo y A Coruña
- Laureano Oubiña estalla tras el veto de la Xunta a su ruta del narcotráfico: 'Quieren que vuelva a las andadas
- Aemet despeja la gran duda del eclipse en Galicia: casi todo el cielo estará despejado salvo en una zona
- El PP pide al Gobierno que rectifique su decisión de excluir a Galicia del plan estatal de ancho de vía internacional
- Fueron a Montalvo por el eclipse y el mar les regaló otro espectáculo: 'Fue una noche que vamos a recordar siempre