Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ESPECIAL DÍA DE GALICIA 2026

Galicia, potencia termal: saúde, tradición e futuro arredor da auga

Lidera o termalismo en España con máis de 300 captacións mineiromedicinais catalogadas

Piscina interior das Termas de Cuntis. | CEDIDA

Piscina interior das Termas de Cuntis. | CEDIDA

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción

Galicia é unha das grandes referencias do termalismo en España. No seu territorio hai máis de 300 captacións mineiromedicinais catalogadas, unha riqueza que sitúa a comunidade entre as rexións europeas con maior concentración deste tipo de augas. Unha vintena delas son utilizadas por balnearios con instalacións modernas, persoal especializado e tratamentos sometidos a unha estrita normativa.

Balneario de Mondariz. | CEDIDA

Balneario de Mondariz. | CEDIDA

O aproveitamento das augas termais remóntase á época prerromana, aínda que foron os romanos quen consolidaron o seu uso. A partir do século XVIII, as fontes volveron gañar protagonismo e os médicos comezaron a recomendar os baños con fins terapéuticos. En 1833 xa existían sete balnearios oficiais en Galicia.

O sector experimentou un novo impulso a finais do século XX, coincidindo coa modernización das instalacións e coa creación da Asociación de Balnearios de Galicia, en 1985. Desde entón, o termalismo consolidouse como unha oferta vinculada non só ao descanso, senón tamén á prevención, ao benestar e á recuperación física.

Ourense é o epicentro desta tradición, con enclaves como as Burgas, Arnoia, Lobios ou Verín. En Pontevedra destacan Mondariz, Cuntis, A Toxa, Caldas de Reis e as termas de Teáns, en Salvaterra de Miño. A oferta complétase con espazos ao aire libre e centros de talasoterapia que aproveitan tamén as propiedades da auga do mar, das algas e dos barros.

SUPLEMENTO ESPECIAL DÍA DE GALICIA 2026

SUPLEMENTO ESPECIAL DÍA DE GALICIA 2026

SUPLEMENTO ESPECIAL DÍA DE GALICIA 2026

Ademais do seu valor para a saúde e o benestar, os balnearios teñen un importante peso económico e social. Xeran emprego, axudan a fixar poboación e dinamizan as comarcas nas que se asentan. O sector considérase, tras o Camiño de Santiago, un dos produtos turísticos galegos con maior potencial internacional.

A Asociación de Balnearios de Galicia salientou recentemente este liderado na súa asemblea anual, celebrada na Cidade da Cultura. No encontro tamén se puxo en valor o carácter innovador das instalacións, o programa Benestar en Balnearios e os corenta anos de traxectoria da entidade. n

Tracking Pixel Contents