Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Música

O músico galego que leva a pandeireta ás raves sen perder a esencia da tradición

Detrás de Eris MacKenzie está Carlos Eirís, un músico coruñés que irrompeu con forza na escena galega fusionando a música tradicional coa electrónica para converter ambas nunha mesma linguaxe

O cantante Eris MacKenzie.

O cantante Eris MacKenzie. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Belén Bertonasco

Belén Bertonasco

Santiago

Compostela aínda garda o eco do concerto de Eris MacKenziedurante as pasadas festas do Apóstolo. Para un músico que traballa coa memoria, tocar na Praza da Quintana ou en calquera dos escenarios da capital galega non é un trámite máis.

«Ata hoxe foi o concerto máis importante que din por praza e por entidade», confesa o artista coruñés, admitindo que, malia a súa habitual calma, nesa ocasión os nervios asomaron: «Tiña nervios, non só de inquedo, de ilusión, de ‘jo, espero que todo vaia ben’. En tanto pisamos o escenario e empezou o concerto, era moi bo ambiente, a xente estaba metida. Foi moi emocionante», comenta MacKenzie. Para o cantante, esta actuación foi «un check que pode marcar a miña vida».

A proposta de MacKenzie é unha viaxe sinestésica onde unha pandeireta e un sintetizador falan o mesmo idioma sen pedirse perdón nin permiso. Curiosamente, o seu proceso creativo nace do illamento. MacKenzie recoñece que non escoita moita música actual para evitar «o medo a copiar», pero admite que o seu cerebro «pica» con sons como o minimal techno ou o industrial máis underground, ese que recorda a unha «rave perdida no último garito asqueroso de Berlín».

Eris MacKenzie

Eris MacKenzie / Cedida

O encontro entre a muiñeira e o techno

A pregunta de como encaixan dous mundos aparentemente opostos como unha muiñeira e o techno pode pasar pola cabeza de moitos. A resposta, segundo MacKenzie, está na matemática do ritmo.

«Os BPMs nos que se move a muiñeira, estamos falando de 140 ou 150 BPMs, iso encaixa moi ben, e moi agradablemente, coma un guante con o techno», explica con precisión técnica. Para el, non se trata de rachar co pasado, senón de atopar novas formas de mantelo vivo para as xeracións que non veñen dun ambiente puramente académico ou tradicional.

Máis alá dos aparellos electrónicos, o que move a Eris MacKenzie son as emocións crúas e o que representa a música. Súbese ao escenario para buscar un «clímax emocional» que o fai sentir «sumamente completo e pleno» co público.

E as súas letras non son manufacturadas para o público, son diálogos coa súa propia vida. «Uso metáforas, pero outras veces falo directamente das miñas cadeliñas, do meu irmán, do meu pai e miña nai, da miña parella ou dos meus conflitos internos. Miña música é a xente que me acompaña na miña cabeza», asevera MacKenzie.

O cantante Eris MacKenzie

O cantante Eris MacKenzie / Cedida

A cultura como resistencia ante o colapso

Nun mundo dominado pola inmediatez e o algoritmo, Eris MacKenzie lanza unha reflexión case sociolóxica sobre o papel da música tradicional no futuro. Ante a frustración do sistema actual, el cre que a xente volverá buscar a conexión real: «Cada vez estamos todos máis atomizados. Imos ter que relaxar a vida. E con iso, cada vez vainos apetecendo máis xuntarnos de novo e ir a unha foliada, ir ao bar, ou a tomar un café ao mediodía», comenta.

Para o artista, a música tradicional seguirá sendo ese «pegamento social» que nos obriga a mirarnos á cara e celebrar a vida en comunidade.

Despois do concerto no Apóstolo, MacKenzie confirma que a súa proposta vai máis alá da mestura de estilos: pretende demostrar que tradición e vangarda non son mundos opostos, senón dúas formas distintas de emocionar.

TEMAS

Tracking Pixel Contents