Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 29 enero 2023
10:02
h

A actividade económica de Galicia amosou un crecemento interanual do 2,4 % en xaneiro

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica constata un descenso de seis décimas respecto ao mes de decembro

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia amosou no mes de xaneiro un incremento interanual do +2,4%.

Este crecemento persiste na redución no ritmo de recuperación da actividade económica na nosa Comunidade iniciado en novembro do ano pasado, por mor dos atrancos motivados pola falla de subministros e a alza dos prezos nas materias primas anteriores ao comezo da guerra en Ucraína en febreiro. Con respecto ao mes de decembro, o valor acadado supón un descenso de seis décimas.

No que atinxe á evolución individual das variables recollidas no Indicador, ao igual que en meses anteriores continua o salientable comportamento das variables referentes ao sector turístico (viaxeiros entrados e transportes de pasaxeiros) con crecementos interanuais superiores ao 50%.

En sentido contrario, o Índice de produción industrial (IPRI) sufre un retroceso salientable de máis dun 20% en termos interanuais.

28 mar 2022 / 10:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.