Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Cámara Mineira pide aproveitar a materia prima autóctona

Pola guerra de Ucraína instan a renovar con axilidade as licencias de explotación caducadas

    Santiago. O sector mineiro galego é un actor básico para solventar a crise que se está a vivir na industria da comunidade. Así se manifestou na Asemblea anual da Cámara Oficial Mineira de Galicia que inaugurou Paula Uría, a directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, quen aproveitou para dar unha mensaxe de ánimo ao sector, para que as empresas continúen a traballar pola sostibilidade e a innovación. Resaltou que as sinerxias entre sectores vai ser clave: “A minaría é unha parte fundamental da cadea de valor da industria galega. A transición enerxética e a transformación dixital son dous ámbitos que precisan dos minerais galegos”.

    Desde o sector Juan José López, presidente da Cámara, puxo de manifesto a necesidade de “apostar polo noso”. “Fronte á falla de materias primas Europa tiña un plan B: chamábase Ucraína; tras a invasión, e sobre todo tras a crise enerxética e de transporte, debemos apostar polas materias primas autóctonas”.

    Reclamou medidas urxentes como axilizar sacar adiante os concursos mineiros caducados, e así investigar e obter aqueles recursos críticos para a industria. “Agora mesmo debemos centrarnos en producir as materias primas galegas para o que necesitamos enerxía máis barata, e tamén para que as empresas maximicen a cadea de valor aquí en Galicia”. Entre as fórmulas o desenvolvemento de proxectos de autoxeración, renegociación de contratos, cambio de combustibles ou contratos PPA. J.C.

    09 abr 2022 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito