Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Coruña suspende o Festival Noroeste e o resto de espectáculos polas novas medidas sanitarias

O Concello da Coruña cancelou o evento que comezaba esta noite para “garantir a saúde” dos coruñeses

O Concello da Coruña cancelou o Festival Noroeste Estrella Galicia, que comezaba na noite deste venres, após as novas medidas sanitarias anunciadas polo Sergas este mediodía.

Fontes municipais confirmaron a decisión e avanzan que están a estudar se anularán tamén o resto do programa de festas.

O programa do festival para esta noite incluía os concertos de Triángulo de Amor Bizarro na praza de María Pita ou de Laura Lamontagne&Picoamperio no parque de Santa Margarita, entre outros. Os eventos estendíanse até o domingo pola noite nunha versión XS, reducida, do festival, que chegaba á súa edición número 34 este ano.

ESPECTÁCULOS SUSPENDIDOS

As autoridades municipais tamén suspenden o resto de espectáculos das festas debido a estas novas medidas dictadas pola Consellería de Sanidade ante os brotes de COVID-19.

“A saúde é o principal” explican dende o concello e apuntan que “garantir a saúde dos coruñeses é a nosa prioridade”. “Apoiamos a decisión da Xunta e o entendemos”, expón nun comunicado o Goberno local que lamenta a anulación dos espectáculos “polo público e pola comunidade de creadores que tiñan tanta ilusión en compartir a súa impronta”.

O Concello tamén fai un chamamento á cidadanía para que faga “un esforzo para deter evolución da pandemia na nosa comarca”. Nas prócimas horas estaban programados varios espectáculos infantís dentro do programa Cascarillarte ou actuacións como a da Asociación de Coros e Danzas Eidos.

Por outra parte, Turismo de A Coruña tamén anunciou, a través dun comunicado de prensa, que as visitas á Torre de Hércules quedan limitadas a 10 persoas. Cada hora organizarase unha visita de 45 minutos, explcian fontes do organismo, e o resto do tempo, “emplearase a desinfectar os lugares con maior risco de contaxio.EUROPA PRESS

07 ago 2020 / 17:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.