Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Deputación amplía e mellora a seguridade da estrada de acceso a Loiba

MELLORAS. Valentín González Formoso realizouunha visita institucional á comarca do Ortegal, onde a Deputación da Coruña está a completar os importantes proxectos de ampliación e mellora da seguridade das estradas que dan acceso a dous dos principais emblemas turísticos do Ortegal e da provincia da Coruña, o banco de Loiba e Santo André de Teixido, en Ortigueira e Cedeira respectivamente.

Por unha banda, acompañado do alcalde de Ortigueira, Juan Penabad, e da deputada Ana Lamas, González Formoso supervisou o estado das obras de ampliación e mellora da estrada provincial DP-6104 de Loiba a Picón, que están moi avanzadas e rematarán este verán. Despois, xunto ao rexedor de Cedeira, Pablo Moreda, desprazouse ata Pontigas, onde acaba de rematar a construción dunha variante na DP 2204 que permite desviar o tráfico deste núcleo cedeirés, polo que circulan cada ano miles de vehículos en dirección a Santo André de Teixido.

Ampliación e mellora da estrada de acceso aos cantís de Loiba. Na estrada de acceso aos cantís de Loiba, González Formoso destacou que se trata “dunha obra estratéxica para unha localidade coma Ortigueira que ofrece un turismo de calidade” que atrae a moita xente. R.M.A.

19 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito