Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A desidia de Industria e as empresas avivan o lume das protestas

Nin as compañías nin os altos representantes do Ministerio acuden á reunión da mesa técnica de Industria

Os traballadores de Alu Ibérica, con membros do comité de empresa, volveron na tarde de onte ás protestas, cortando a avenida de Alfonso Molina –principal acceso á cidade herculina–, para reivindicar de novo a implicación das administracións na búsqueda dun futuro estable para a planta alumínica de A Grela. Os operarios decidiron voltar ás rúas tras unha asemblea celebrada a primeira hora da tarde no edificio de sindicatos de A Coruña.

“Foi unha reacción de enfado monumental do persoal”, indicou a Efe o presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho. E é que á xuntanza da Mesa Técnica de Industria, para abordar o futuro das plantas de A Coruña e Avilés e facer un seguimento da venda das alumineiras, non acudiron nin as empresas –Alcoa e Parter– nin os máximos representantes do Ministerio de Industria –ministra e secretario xeral–. Unha ausencia da que non estaban informadas previamente ningunha das partes restantes (gobernos autonómicos de Galicia e Asturias, comités de empresa e sindicatos); e que deu lugar a unha xuntanza da que non se puido extraer ningunha “concreción”.

O comité de empresa tildou o acontecido de “espectáculo lamentable e deplorable”, e trasladaron ao representante ministerial presente o seu profundo malestar e desagrado polo que entenden é unha falta “total e absoluta” de compromiso por parte de Industria. En opinión do comité de empresa, o departamento de Reyes Maroto “simplemente cala e outorga” ante o conflito, pese a que dende os gobernos de Asturias e Galicia se lle demanda unha solución clara e efectiva para o problema de ambas fábricas, “actuando como meros trileros”.

Parter e Alcoa esgrimiron a posteriori que non acudiron á reunión ao entender que non hai nada que tratar despois de que Alcoa dese o visto bó ao Grupo Industrial Riesgo, sobre o que os traballadores advirten moitas dudas. Dende o comité, piden ás empresas e ao Goberno “transparencia”. Xa que as empresas “teñen que cumprir” o prometido e o secretario xeral de Industria ten que “facer cumprir” o pactado, sinalou López Corbacho. Que pediu ademais investigar o proceso que levou á multinacional Alcoa a vender as plantas ao fondo suízo Parter e posteriormente ao Grupo Industrial Riesgo, todo en menos dun ano.

un forte MALESTAR en SAN CAETANO. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria do Executivo galego, Francisco Conde, considerou unha falta de respecto cara os traballadores de Alu Ibérica, cara Galicia e cara Asturias, a ausencia dos “máximos” representantes do Ministerio de Industria na reunión e “das propias empresas que están intervindo na posible solución”.

“O Ministerio demostra unha vez máis que a industria non está na súa axenda, que Galicia non está na súa axenda”, sostivo Conde, quen lamentou que os 328 traballadores da planta de Agrela “non teñen unha concreción de cal pode ser o seu futuro”. Neste sentido, denunciou o responsable de Emprego e Industria do Executivo galego a incertidume á que se ven abocados os traballadores sobre “cal é a realidade dos compromisos asumidos no seu momento por Alcoa e por Parter que estiveron garantizados pola propia minsitra de Industria”.

Unha indefinición e unha incertidume ante a falta dun prezo eléctrico e da convocatoria de subasta que, en verbas de Conde, “están sufrindo os traballadores” debido á “inacción” da carteira que dirixe Reyes Maroto.

quince días para o ESTATUTO. Polo momento, o departamento de Maroto non se pronunciou ao respecto do desenvolvemento da xuntanza. Mais nesta semana non houbo avances na mesa do ministerio de Industria para as compañías electrointensivas. O único que obtiveron os representantes sindicais é a promesa de que nun prazo de quince días estará listo o Estatuto de gran consumidor enerxético que achegará un prezo da electricidade competitivo co resto do sector en Europa.

Os partidos botan o resto sobre San Cibrao a unha semana do comezo da negociación formal

Tras un novo encontro, o pasado mércores, entre Alcoa e o comité de San Cibrao que se saldou sen avances logo do anuncio da compañía do despedimento colectivo de 534 traballadores. Todas as miradas se dirixen agora cara o principio da vindeira semana pois Alcoa convocou de novo ao comité de empresa para reunirse do 15 ao 17 de xuño antes de comezar o período formal de negociación polos despedimentos, que se abre a partires do día 18.

Neste contexto, os partidos sumidos xa na precampaña exixen medidas que garantan os postos de traballo dende moi distintas ópticas.

O PP PIDE QUE CESE O ATAQUE Á INDUSTRIA. O secretario xeral do PPdG, Miguel Tellado, exixiu onte a Pedro Sánchez que “deixe de atacar” á industria galega e que “pense en crear empleo, non en pchear empresas”, sobre todo dada a crise económica e social que se vislumbra tras a pandemia. Recordando Tellado que o Executivo “non presentou o borrador o Estatuto para os consumidores elctrointensivos que leva prometendo dende hai máis de ano e medio, nin concretou se aceptará os alegatos realizados por Galicia, Asturias e Cantabria.

Unha “inacción e falta de compromiso” que segundo Tellado “pon en perigo 5.000 empregos director en Galicia de forma inminente”.

O PSdG LUCENSE PIDE UNIDADE. Patricia Otero, número 1 do PSdeG por Lugo volveu a destacar o compromiso da súa formación co futuro de Alcoa e exixiu á empresa que “facilite a viabilidade” da planta de San Cibrao. A líder socialista en Lugo remarcou que “a unidade é a condición imprescindible para ganar esta batalla” e “unha obriga das institucións cos traballadores do sector”. E censurou, ademais, a “cerrazón” mostrada pola empresa e a súa negativa a evitar o peche, lembrando que “Alcoa nos últimos 9 anos recibiu 693 millóns en fondos públicos”.

GeC e BNG apostan pola intervención. Antón Gómez-Reino reclamou onte a intervención da Xunta e do Goberno central para “garantir” os postos de traballo de San Cibrao, tras unha reunión co comité de empresa. O rupturista destacou que a factoria é “básico” para a Mariña, e resaltou que é evidente que “nunha situación como a actual, na que hai que abordar a transición enerxética, esta planta é fundamental”.

Ana Pontón, pola súa parte, subliñou que ante a falta de alternativas por parte de PP e PSOE, a alternativa para San Cibrao pasa por unha nacionalización. “Unha nacionalización a través dunha intervención pública, legal, posible e imprescindible”. A frentista destacou que esta é unha medida que xa se tomou en países como Alemaña e axitou a bandeira da desigualdade, aducindo que se planta estivese en Madrid, a “solución xa estaría sobre a mesa”, sentenciou.

O GOBERNO REXEITA A NACIONALIZACIÓN. O Goberno estatal rexeita a nacionalización e apostan porque Alcoa de un paso a un lado e venda a planta de San Cibrao para a que xa hai empresas interesadas.

11 jun 2020 / 20:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.