Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A economía social e con mulleres ao fronte, clave para crecer

Conde aproveita o III Foro Medrando Xuntas para destacar o seu carácter inclusivo

A economía social, e en especial a que leva nome de muller, serán un motor da reactivación económica polo seu compromiso coas persoas e co traballo inclusivo. Así o considera o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, quen participou no III Foro Medrando Xuntas que se celebrou en liña coa asistencia dun centenar de mulleres pertencentes a este sector.

O foro afondou sobre como aproveitar o momento actual para moldear en conxunto un futuro mellor. Ademais, creouse un espazo de conversa entre as participantes e a Administración. A través de diferentes dinámicas, reflexionaron e debateron sobre recursos, ferramentas e sensacións para afrontar o futuro que virá trala covid-19 desde as súas empresas e tamén desde un punto de vista máis persoal.

O conselleiro trasladoulles a aposta que desde o Goberno autonómico se está realizando pola conciliación e polo teletraballo para facilitar o día a día de emprendedores e traballadores, medidas que, de feito, teñen un papel destacado no Plan de reactivación económica presentado hoxe no Consello da Xunta.

Medrando Xuntas é un programa formativo da Xunta para fomentar o talento feminino nas entidades da economía social. Enmárcase no programa Emprega en feminino e na Estratexia de Economía Social de Galicia, que prevé a promoción do emprendemento feminino, a través do acceso das mulleres ao emprego e a formación específica para a capacitación directiva. A formación conta con dous itinerarios diferentes, un para mulleres con responsabilidades de goberno e dirección e outro para socias e traballadoras.

Conde destacou que as mulleres marcan o ritmo cando se fala de emprendemento na Comunidade liderando máis do 57% da actividade emprendedora galega. Ademais, nas cooperativas e sociedades laborais, as mulleres representan 4 de cada 10 socios. J.C.

05 jun 2020 / 20:47
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.