Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A UDC inicia o luns o curso con 20.000 estudantes e sumando dúas novas titulacións á oferta académica

a coruña. O reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde, valorou o proceso de matrícula do novo curso universitario “con moi bos resultados”. Así, o luns día 5, incorporaranse ás aulas da UDC un total de 20.000 estudantes, dos que 3.4000 serán de primeiro curso, case 180 persoas máis respecto ao ano anterior. Nunha rolda de prensa para valorar o inicio do curso académico, Abalde destacou que “por fin” se producirá unha “recuperación das sensacións da vida universitaria”, tras o período marcado pola pandemia e con clases online.

Abalde compareceu xunto coa vicerreitora de Estudantes, Participación e Empregabilidade, María José Lombardía, e a vicerreitora de Planificación Académica e Innovación Docente, Nancy Vázquez, que puntualizou que “a pesar do éxito de matrícula” as tres universidades galegas teñen “un 93% de ocupación”. No caso da UDC, quedan 219 prazas vacantes á espera do último prazo de inscrición. A vicerreitora de Planificación Académica aludiu tamén á existencia neste curso de dous novos graos que tiveron “un gran éxito”. Trátase do Grao en Intelixencia Artificial, no Campus de Elviña, e o de Relacións Internacionais, no de Ferrol. Así mesmo, a UDC dispón dun grao con itinerario de formación dual, pioneiro en Galicia. Trátase do Grao de Enxeñaría Eléctrica, e ofrece dúas titulacións abertas: Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñaría Industrial. A xornada de benvida aos novos estudantes celebrarase o vindeiro 15 de setembro con actividades culturais, deportivas e medioambientais. No tocante ao calendario de estudos, o primeiro cuadrimestre rematará o 22 de decembro. Tras as vacacións de Nadal, abrirase o período de exames do 9 ao 26 de xaneiro. O segundo cuadrimestre abarcará desde o 30 de xaneiro ata o 12 de maio, e, pola súa banda, a época de exames dende o 15 desde mes ata o 6 de xuño. EP

03 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.