Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A USC avanza na estabilización do cadro docente e coa creación en tres anoos de máis de 600 prazas

Santiago. Entre os anos 2019 e 2022, a USC creou un total de 653 prazas de profesorado, segundo reflicten os datos Bases para a elaboración da Planificación de Persoal Docente e Investigador (PDI) 2023 aprobado onte no Cosello do Goberno da institución compostelana. Un dos obxectivos centrais que se marcaba o Plan Plurianual de Profesorado 2019-2022 era o de garantir a renovación do cadro de persoal mediante a incorporación de novo profesorado, de xeito que se lograron compensar as baixas -debidas maiorirtariamente a xubilacións- así coma corrixir os desequilibrios existentes entre as diferentes áreas de coñecemento e de dotar de profesorado aquelas áreas que tiñan que asumir o encargo docente derivado da implantación de novas titulacións. Polo que se refire á distribución destas prazas por grandes áreas, o documento salienta que máis da metade foron asignadas a áreas de coñecemento de Ciencias Sociais e Xurídicas. O plan, de cara o vindeiro ano, garantirá unha dotación estrutural suficiente das diferentes áreas de coñecemento para que poidan desempeñar axeitadamente as súas funcións, tanto no ámbito da docencia coma no da investigación. Outro reto formulado é reducir o número de contratos temporais,especialmente o de profesorado interino que está a cubrir substitucións de longa duración. No Consello de Goberno tamén se abordou o calendario de planificación académica anual 2023-2024, dispoñendo o prazo para que os centros cubran a Planificación Anual Docente entre o 11 de xaneiro e o 7 de febreiro. Asemade, tratouse a convocatoria de prazas de corpos docentes e das comisións de selección correspondentes, así como a convocatoria para a estabilización extraordinaria de profesorado interino por vacante. Na reunión, tamén se aprobou a derrogación do Regulamento de asignación de cátedras a áreas de coñecemento e a reposición de prazas vacantes. E.Nieto

30 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.