Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A USC decide unirse á Rede de Universidades pola Diversidade

Reforza así o seu compromiso de garantir a protección ao colectivo LGTBI que forma parte da institución académica

Unha trintena de universidades españolas, entre elas a USC, ratificaron recentemente o seu compromiso en defensa do respecto da diversidade acordando a súa adhesión á Rede de Universidades pola Diversidade (RUD), un espazo de coordinación constituído a finais do pasado ano que traballará conxuntamente por unha abordaxe inclusiva da diversidade no sistema universitario.

A noticia deuse a coñecer este martes 17 de maio con motivo do Día Internacional contra a LGBTIfobia, unha data simbólica que as institucións aproveitaron para condenar de maneira contundente calquera forma de discriminación contra o colectivo de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais, intersexuais e máis disidencias sexo-xenéricas, o que é unha das principais liñas de acción da RUD.

Coa adhesión á rede, a Universidade de Santiago de Compostela reforza o seu compromiso de garantir a protección ao colectivo LGTBI que forma parte da comunidade universitaria.

Cara a este fin , ao longo dos últimos anos puxo en marcha diferentes instrumentos, como o Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao Acoso Sexual e ao Acoso po Razón de Sexo, Orientación Sexual e Identidade de Xénero, aprobado en 2017, ou o máis recente Protocolo de actuación para os cambios de nome e de mención relativa ao sexo das persoas transexuais, transxénero e intersexuais, aprobado polo Consello de Goberno en xaneiro de 2022.

iniciativas que loitan contra a ausencia de discriminación A colaboración e coordinación das universidades adheridas a esta rede mantéñense dende hai varios anos. Ao seu abeiro desenvolvéronse iniciativas como o Orgullo Universitario, unha xornada de actividades e reivindicacións realizada por primeira vez no ano 2020 que uniu decenas de institucións, ou como a presentación de alegacións no trámite de consulta pública do Anteproxecto de Lei Orgánica do Sistema Universitario para mellorar as medidas lexislativas arredor da diversidade na educación superior.

Dende a coordinación e a secretaría da Rede de Universidades pola Diversidade destacan que “temos un enorme e ilusionante traballo por diante, no recoñecemento e visibilidade da diversidade en todos os recunchos das nosas universidades, coa interseccionalidade como aceno de identidade e o máximo respecto ao dereito á igualdade e a ausencia de discriminación por calquera condición ou circunstancia persoal ou social, que debe presidir a educación universitaria”.

na adhesión
presentes
a uvigo
e a udc

··· En decembro de 2021 definiuse e deuse forma aos regulamentos da Rede e abriuse un prazo para a adhesión formal por parte das institucións á Rede de Universidades pola Diversidade. Ata o momento, adheríronse e son fundadoras as tres universidades galegas (USC, UDC e UVigo), Universidad de Alcalá, Universitat Autònoma de Barcelona, Universidad Autónoma de Madrid, Universitat de Barcelona, Universidad Carlos III de Madrid, Universidad de Cádiz, Universidad de Extremadura, Universidad de La Laguna, Universidad de La Rioja, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo, entre otras.

Para finais deste ano está previsto un encontro anual da RUD para continuar marcando as liñas de acción coordinada pola diversidade.

18 may 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito