Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 01 julio 2022
21:43
h

A Xunta alerta de intentos de estafa aproveitando a cita da terceira dose da vacina contra a Covid

Recorda que as súas citas son por SMS e só chama se non localiza á persoa // Reitera que nunca solicita información persoal ou contestar a unha mensaxe

Desde hai meses circulan polas redes sociais avisos de bulos ou estafas aproveitando a crise sanitaria chegada coa pandemia do coronavirus, pero nas últimas semanas, co comezo da administración da terceira dose da vacina contra a Covid en Galicia aparece que esto incrementou en todo o país e en Galicia non ía ser distinto. De feito, coñécense casos nos que hackearon polo seguinte método: a persoa recibe unha chamada na que se lle di que recibirá un SMS no seu móbil cun enlace no que terán que pinchar e responder.

Así as cousas, a Xunta alertou este luns da aparición de diferentes intentos de estafa ou hackeo neste aspecto e recorda que nunca pide datos persoais nin que o usuario responda a unha mensaje previa.

Desta forma, a Consellería de Sanidade enviou un comunicado de prensa alertando deste problema no que subliña que as súas vías para citar na terceira dose da vacina contra o coronavirus, igual que nas anteriores inoculacións, faise polo método do envío dun SMS, e tamén por clamada de teléfono, “só naqueles casos onde non se deu localizada á persoa a que se lle ten que administrar a vacina.

A devandita chamada realizase soamente a teléfonos fixos (nunca a móbiles) desde cada área sanitaria, ou desde o seguinte número de teléfono: 881 540 000”, indica: Neste caso sería cunha mensaxe grabada ou locución na que se falará ao cidadán polo seu nome e apelido, “quen soamente terá que contestar marcando o número 1 ou 2”

Deste xeito, reitera a Xunta, “nunca se lle solicita información persoal, nin tampouco o envío dunha mensaxe para contestar a un SMS”, remata o aviso.

22 nov 2021 / 12:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.