Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Xunta convoca axudas para prácticas en centros de traballo e en FP Dual

Educación. A Consellería de Educación, Universidade

e Formación Profesional publicou onte no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo, incluído o alumnado que cursa a modalidade de FP Dual, dotada cun orzamento de 400.000€.

O obxectivo desta liña de actuación é compensarlle ao alumnado parcialmente os gastos extraordinarios derivados da realización das devanditas actividades, que se desenvolven na empresa; ao tempo que se favorece a mobilidade transnacional das persoas que desexan formarse ou facer actividades noutros países, o que permite a mellora das competencias lingüísticas.

Poderán optar á axuda o alumnado do derradeiro curso de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de FP. ECG

10 jun 2020 / 21:46
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito