Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Xunta deberá garantir o dereito á interrupción do embarazo no Sergas

Os tres grupos votaron a favor dunha proposición nacionalista para reducir as IVE na privada

Santiago. O Parlamento galego aprobou por unanimidade reclamar á Xunta que garanta o dereito a unha interrupción voluntaria do embarazo (IVE) en centros da sanidade pública galega, do Sergas, e que se deixe de derivar á gran maioría das mulleres a clínicas privadas.

O debate xurdiu por unha iniciativa do BNG, encabezado por Olalla Rodil, que presentou unha proposición non de lei para elo centrada na garantía do dereito das mulleres a facer unha IVE no Sergas. Os últimos datos indican que no 2019 en Galicia practicáronse 2.868 IVE, das que o 77 % se fixeron en centros extrahospitalarios privados, 2.212, fronte a apenas 656, o 34 % na pública. En cambio, as IVE feitas en hospitalis son maioritariamente asumidas polo Sergas (539) e só 83 pola privada, explicou Rodil.

A deputada do PSdeG Noa Díaz criticou a actitude dos dirixentes do PP sobre o tema, mostrando “unha ideoloxía en grao sumo rancio e aberrante”, e considerando que o PPdeG non quere comprometer á sanidade pública cun asunto que “lles resulta incómodo” e por iso xustifican a baixa porcentaxe” de IVEs nestes centros “coa obxección de conciencia dos médicos” que é “a escusa perfecta para poñer o foco nos profesionais e non na falta de recursos”.

A deputada do PPdeG Marta Rodríguez- Vispo asegurou que tanto o seu partido como a Xunta respectan as leis e os dereitos contidos nelas. “Nós apoiamos ás mulleres galegas, que elixan ser nais ou non selo”. Finalmente, todos os grupos deron o seu apoio a esta iniciativa do BNG, á que o PPdeG dixo que votaba a favor aínda que puntualizou que o Goberno galego xa “cumpre a lei” nesta materia, fronte ás críticas da oposición pola baixa porcentaxe de IVE no Sergas e as diferenzas según a área sanitaria na que se viva. s. barba

27 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.