Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Xunta destina 450.000 euros en axudas a proxectos de atención integral para vítimas de explotación sexual

A Xunta de Galicia lanzou unha nova convocatoria de axudas, dotada con 450.000 euros, destinada a entidades de iniciativa sexual sen ánimo de lucro que desenvolvan proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes e vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral.

Segundo informou o Goberno autonómico, a convocatoria publicouse este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) e poderán solicitarse nun prazo dun mes a contar desde este sábado. Cada entidade poderá recibir, como máximo, 70.000 euros e obterán unha maior puntuación aquelas que dispoñan de recursos de acollida residencial temporal.

As iniciativas financiadas inclúen accións de atención inicial nos chamamentos realizados polas autoridades xudiciais, fiscais e policiais para a atención inmediata das vítimas; o asesoramento social e actuacións de apoio directo para realizar trámites administrativos; atención psicolóxica; orientación e asesoramento xurídico e laboral; así como programas de atención en traballo de rúa, "coa finalidade de achegar aos lugares onde poden atoparse as vítimas de trata de seres humanos información sobre os recursos existentes". Poderán beneficiarse das subvencións as entidades de iniciativa social que estean inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, carezan de ánimo de lucro e teñan o seu domicilio social ou delegación en Galicia. EUROPA PRESS

14 ene 2022 / 11:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito