Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Xunta pide ao Goberno máis financiamento para adaptar as residencias de maiores "á nova realidade"

Tamén se solicitou que a Administración estatal dea a acoñecer os datos do impacto da Covid-19 nas residencias

A conselleira de Política Social, Fabiola García, pediu ao Goberno central máis financiamento para adaptar as residencias de maiores e os demais servizos sociais "á nova realidade" no contexto da pandemia da COVID-19.

Fíxoo aproveitando a reunión por videoconferencia celebrada este luns co secretario de Estado de Dereitos Sociais, Ignacio Álvarez, e co resto de comunidades.

Ademais, segundo informa a consellería nun comunicado remitido ao termo do encontro, "Galicia solicitou tamén que a Administración estatal dea a coñecer os datos do impacto do Coronavirus nas residencias, que as comunidades autónomas comezaron a achegar fai máis de catro meses e que aínda non se fixeron públicos".

Pola súa banda, reivindicou os protocolos de prevención e resposta dos que dispón Galicia para estes centros, tanto para maiores como para persoas con discapacidade. EUROPA PRESS.

24 ago 2020 / 19:47
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.